Campionato do mundo de tríatlon

Modelo:Competición deportivaCampionato do mundo de tríatlon
Editar o valor en Wikidata
Tipocampionato do mundo Editar o valor en Wikidata
Deportetríatlon Editar o valor en Wikidata
OrganizadorTríatlon Mundial Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata

O Campionato Mundial de Tríatlon (dende 2009 Series Mundiais de Tríatlon) é a máxima competición internacional de tríatlon.

Está organizado dende 1989 pola Unión Internacional de Tríatlon. Ata a edición de 2008 celebrábase nunha soa proba, pero a partir de 2009 dispútase ao longo de varias carreiras, as Series Mundiais, distribuídas ao longo do ano.

Historia

En 1989, fundouse a Unión Internacional de Tríatlon (ITU) e ese mesmo ano, en agosto, celebrouse a primeira edición do Campionato Mundial en Aviñón. Para esa primeira competición estableceuse a distancia olímpica (máis tarde rebautizada a estándar) en 1.5 km a nado, 40 km de bicicleta e 10 km de carreira a pé. As distancias foron escollidas usando as distancias xa presentes nas olimpíadas para cada disciplina individualmente. Máis de 800 atletas que representaban a 40 países competiron no primeiro Campionato do Mundo.[1]

En 1991 decidiuse crear unha competición que constase de varias probas durante o ano, para o que se deu inicio á Copa do Mundo, coroándose deste xeito cada ano un campión mundial e un campión da Copa do Mundo. En 2009 a ITU reorganizou as súas competicións de máximo nivel, cambiou o nome do Campionato do Mundo polo de Series Mundiais e converteuno nunha competición cunha serie de carreiras ao longo do ano e arredor do mundo. Mentres, a Copa do Mundo foi relegada a unha competición de segundo nivel e reducíuselle o número de carreiras.[2]

Para a edición de 2020, debido á pandemia por coronavirus, a ITU decidiu que o Campionato Mundial se disputase a unha soa proba, no Tríatlon de Hamburgo.[3]

Probas que se disputan

Na actualidade tan só se disputan probas en categoría elite masculina e feminina (a partir de 18 anos) debido a que as series están conformadas por varias probas en todo o mundo. Non obstante, dende que o campionato do mundo se disputa con este formato, a Gran Final das series faise coincidir cos campionatos do mundo das categorías júnior e sub-23, ademais dos grupos de idade.

Nas Series Mundiais de Tríatlon, hai tres disciplinas diferentes:

  • Estándar: 1,5 km de natación, 40 km de ciclismo e 10 km a pé
  • Sprint: 750 m de natación, 20 km de ciclismo e 5 km a pé
  • Relevos mixtos: 4x (300m de natación, 7.5 km de ciclismo e 1.5 km a pé) onde cada atleta completa o ciclo natación-ciclismo-carreira antes de pasar o relevo ao seguinte atleta, sendo a orde dos atletas sempre muller, home, muller, home.
O ferrolán Javier Gómez Noya, gañador de cinco títulos, seguido polo británico Jonathan Brownlee, vencedor en 2012, na proba das Series Mundiais disputada en Lausana en 2011.

Os atletas son seleccionados pola Unión Internacional de Tríatlon (ITU) e as federacións nacionais en base aos seus resultados internacionais durante as tempadas anteriores.

Sedes

Sedes dos Campionatos do Mundo (ata o 2009)

Ano Lugar Data
1989 Aviñón, Francia 6 de agosto
1990 Orlando, Estados Unidos de América Estados Unidos 15 de setembro
1991 Queensland, Australia Australia 13 de outubro
1992 Muskoka, Canadá 12 de setembro
1993 Manchester, Reino Unido Reino Unido 22 de agosto
1994 Wellington, Nova Zelandia Nova Zelandia 27 de novembro
1995 Cancún, México 12 de novembro
1996 Cleveland, Estados Unidos de América Estados Unidos 24 de agosto
1997 Perth, Australia Australia 16 de novembro
1998 Lausana, Suíza Suíza 30 de agosto
1999 Montreal, Canadá 12 de setembro
2000 Perth, Australia Australia 30 de abril
2001 Edmonton, Canadá 22 de xullo
2002 Cancún, México 9-10 de novembro
2003 Queenstown, Nova Zelandia Nova Zelandia 6-7 de decembro
2004 Madeira, Portugal Portugal 9 de maio
2005 Gamagōri, Xapón 10-11 de setembro
2006 Lausana, Suíza Suíza 2-3 de setembro
2007 Hamburgo, Alemaña Alemaña 30 de agosto-2 de setembro
2008 Vancouver, Canadá 5-8 de xuño

Sedes das Grandes Finais (dende o 2009)

Ano Lugar Data
2009 Gold Coast, Australia Australia 9-13 de setembro
2010 Budapest, Hungría Hungría 8-12 de setembro
2011 Beijing, China 10-11 de setembro
2012 Auckland, Nova Zelandia Nova Zelandia 20-21 de outubro
2013 Londres, Reino Unido Reino Unido 14-15 de setembro
2014 Edmonton, Canadá 1 de setembro
2015 Chicago, Estados Unidos de América Estados Unidos 17
2016 Cozumel, México 11-18 de setembro
2017 Rotterdam, Países Baixos Países Baixos 14-17 de setembro
2018 Gold Coast, Australia Australia 12-16 de setembro
2019 Lausana, Suíza Suíza 30 de agosto - 1 de setembro
2020 Hamburgo, Alemaña Alemaña 5 de setembro

Probas das series mundiais dende 2009

As iniciais GF identifican o lugar da Gran Final.

Edicións[4]

Palmarés total por países

Masculino

Países Ouro Ouro Prata Prata Bronce Bronce
Reino Unido Reino Unido 10 6 3
Galicia Galicia 6 6 2
Australia Australia 6 6 7
España España 3 3 2
Francia 2 1 3
Estados Unidos de América Estados Unidos 1 1
Nova Zelandia Nova Zelandia 1 5 3
Kazakhstán 1 1
Alemaña Alemaña 1 2 3
Suíza Suíza 1 1 2
Bélxica Bélxica 1
Portugal Portugal 1
Rusia Rusia 1
Noruega Noruega 1
Brasil 1
Países Baixos Países Baixos 1

Feminino

Países Ouro Ouro Prata Prata Bronce Bronce
Australia Australia 13 9 5
Estados Unidos de América Estados Unidos 7 9 12
Reino Unido Reino Unido 5 2 3
Nova Zelandia Nova Zelandia 2 2 5
Bermudas 2 1
Suecia Suecia 1 1 1
Portugal Portugal 1 1
Canadá 1 4 2
Alemaña Alemaña 1 2
Suíza Suíza 1
Dinamarca Dinamarca 1
Xapón 1

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Notas

  1. "Historia da ITU". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2019. 
  2. "ITU replaces one-day Elite World Championship with new six-race ‘Super Series’" (en inglés). 12 de setembro de 2008. Consultado o 20 de xuño de 2019. 
  3. "El Campeón del Mundo de Triatlón ITU 2020 se conocerá en las WTS de Hamburgo" (en castelán). 25 de agosto de 2020. Consultado o 28 de agosto de 2020. 
  4. "Ránking por anos". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2019. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!