Camelia do Xapón

Camelia do Xapón
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiospermae
(sen clasif.): Eudicots
(sen clasif.): Asterids
Orde: Ericales
Familia: Theaceae
Xénero: Camellia
Especie: C. japonica
Nome binomial
Camellia japonica
L.

A camelia do Xapón ou xapoeiro[1] (Camellia japonica) é a especie máis coñecida do xénero Camellia. Chamada simplemente camelia ou roseira de inverno,[2] é un arbusto procedente de oriente pertencente á familia Theaceae. Moi común nos xardíns de Galicia, tense chamado a flor das Rías Baixas. É tamén a flor oficial do estado de Alabama nos Estados Unidos.

Distribución e hábitat

Atópase brava na China (Shandong e leste de Zhejiang), Taiwán, Corea do Sur e sur do Xapón.[3] Medra en bosques, cunha altitude entre 300 e 1100 m.[4] Adaptouse ben ás condicións climáticas e edáficas dalgunhas zonas de clima temperado e solos acedos coma o sur de Galicia. Moi común nos xardíns das Rías Baixas.

Descrición

A camelia C. japonica é unha arboriña ou arbusto de flor, duns 1,5 a 6 m de altura, que ocasionalmente acada os 11 m de alto. Algunhas variedades cultivadas incluso superan os 72m². As pólas máis novas son pardas ou púrpuras, tornándose cinsentas cos anos. As follas son alternas e coriáceas de cor verde escura brillante pola face anterior e verde pálida pola cara posterior, normalmente de 5 a 11 cm de longo por 2,5 a 6 cm de largo, cun pecíolo groso duns 5 a 10 mm de longo. As follas rematan en punta e os bordos son lixeiramente aserrados.[4]

Silvestre, florece entre xaneiro e marzo. As flores aparecen ao longo das pólas, especialmente cara ás puntas destas e van normalmente sentadas nas mesmas ramas. Poden ir soas ou en parellas, e teñen uns 6 a 10 cm de diámetro cando estás completamente abertas. Hai arredor de nove bracteolas verdosas e nove sépalos. As flores da camelia brava e variedades pouco evoluídas teñen soamente seis ou sete pétalos de cor branca ou rosada, cada un duns 3 a 4,5 cm de longo e 1,5 a 2,5 cm de largo. As variedades cultivadas chegan a ter moitos pétalos. Os estames son numerosos duns 3 cm de longo, e fican ocultos nas variedades con numerosos pétalos centrais.

O froito consiste nunha cápsula en forma de bóla con tres compartimentos (lóculos), cada un cunha ou dúas sementes castañas de 1 ou 2 cm. A froitificación dáse entre setembro e outubro nas variedades bravas.[4]

As eirugas dalgúns lepidópteros, coma a avelaíña: (Ectropis crepuscularia) aliméntanse das follas de camelia do Xapón. Os paxaros xaponeses chamados paxaros dos ollos brancos (Zosterops japonica) polinizan a Camellia japonica.[5]

Taxonomía

A vella camelia do parque de Castrelos, en Vigo.

O xénero Camellia tomou o nome do xesuíta e botánico George Kamel.[6] O nome da especie japonica deullo Carl von Linné en 1753 a causa de que Engelbert Kaempfer foi o primeiro en describir a planta cando estaba no Xapón.[7]

Na Flora da China distínguense dúas variedades:[4]

  • C. japonica var. japonica é a dada por Linné, a típica que medra nos xardíns do dur da China, Corea e o Xapón. A flore ten un pedúnculo de 1 cm de longo e coas bracteolas e sépalos aveludados.
  • C. japonica var. rusticana (Honda) T. L. Ming a variedade brava. A flor ten un pedúnculo máis curto, duns 5 mm de longo, con peliños pubestentes na base. As bracteolas e os sépalos son macíos (glabros) pola parte exterior.

Cultivo

Historia do cultivo

Camelia do Xapón no xardín do castelo de Pillnitz, Alemaña

A Camellia japonica aparece xa nas pinturas de porcelana chinesa dende o século XI. As primeiras pinturas adointa amosar a flor sinxela de cor vermella. Porén, unha flor branca aparece no pergamiño das Catro Pegas da dinastía Song.[7]

O primeiro que trouxo a camelia a occidente foi Engelbert Kaempfer aló polo 1692, cirurxián xefe da compañía holandesa Dutch East India Company. Polo que as camelias comezaron a cultivarse en Europa no século XVIII.

Crese que foi Robert James de Essex, Inglaterra, o primeiro que levou a camelia a Inglaterra en 1739. Carl Peter Thunberg doou ao xardín botánico de Kew catro espécimes de camelia do Xapón, e unha camelia máis en 1780 ao xardín botánico do castelo de Pillnitz preto de Dresden en Alemaña, que aínda hoxe sobrevive e mide 8,9 m de alto e 11 m de diámetro.[8]

As Camellia japonica máis vellas de Europa atópanse en Vila Nova de Gaia (Portugal), e en Caserta (Italia), ademais da do castelo de Pillnitzer (Alemaña).[9] Todas elas plantáronse probabelmente a finais do século XVIII.

A camelia entrou en Galicia probabelmente a principios do século XIX dende Portugal. As camelias do Xapón máis antigas que se coñecen en Galicia e que aínda sobreviven son as do parque Castrelos (Quiñones de León) en Vigo. O xardín créase en tempos do primeiro marqués de Alcedo, existindo costancia de que o marqués de Loureiro en 1860 cultivara as primeiras camelias provenientes do seu alcouve de Portugal. O cultivo continuou co noveno Marqués de Valladares, a cargo de persoal inglés. Desa época conservamos un impresionante exemplar de C. japonica no xardín de buxos inglés na parte traseira do pazo.[10]

Condicións de cultivo

Normalmente, a camelia non se dá ben en climas moi fríos. Porén téñense producido cultivares resistentes. Gostan da sombra, dos solos bastante acedos, húmidos e con boa drenaxe. En solos lamentos as raíces tenden a prodrecer.[11]

Cultivares

A camelia do Xapón apréciase polas súas flores, que, segundo a súa forma, poden ser dos seguintes tipos[6][12]:

  • Simple: de 5 a 8 pétalos e con estames visibles nun círculo central.
  • Semidobre: dúas ou máis fileiras de pétalos (máis de 8) lisos ou rizados. Estames visibles.
  • Dobre incompleta: pétalos numerosos e imbricados. Estames visibles coa flor aberta.
  • Dobre completa: numerosas fileiras de pétalos imbricados. Sen estames.
  • En forma de anemone: unha ou máis fileiras de pétalos externos que rodean un centro globular formado por estames e petaloides.
  • Dobre informal ou en forma de peonía: flor globular con mestura de pétalos irregulares e petaloides, ou de ambos, e estames.

Hai máis de 2000 cultivares desenvolvidos. A gama de cores das flores vai dende o vermello até o branco pasando polo rosa; ás veces con variedades multicolores, con raias ou con pintas. Os cultivares inclúen: 'Elegans' con grandes flores rosadas con estrías brancas; 'Guilio Nuccio' con pétalos rubios ou rosado e estames amarelos; 'Mathotiana Alba' con flores brancas, e Tsar con flores dobres de cor encarnada[13]; 'Alba Plena' de flores moi brancas [14]; 'Unryu' con debuxos en zig-zag. “Unryu” significa “dragón nas nubes” en xaponés. Outro tipo pouco común é a chamada camelia cola de peixe ou C. japonica 'Kingyo-tsubaki'. As puntas das follas desta planta semellan a colas dos peixes[15].

Algúns cultivares galegos son: 'Cidade de Vigo', 'Bo Nadal', 'Leonor Magariños', 'Do Pozo'[16] ou 'Millarenga'.[17]

Galería de imaxes (cultivares)

Doenzas

Algunhas patoloxías producidas por fungos ou algas producen manchas nas follas que fan que aparezan puntos prateados e redondeados no face das mesmas, e poden facer incluso que caian. Mofo negro, máculas foliares; bugallos foliares ou podremias florais (que fan que estas tornen pardas e caian); podremia das raíces; e chancros causados polo fungo: Glomerella cingulata, que penetra polas feridas que a planta poida ter.

Entre as pragas, algúns insectos atacan a camelia como o escaravello Pantomorus cervinus, a cochinillas fariñentas Planococcus citri e Pseudococcus longispinus, os gurgullos Otiorhyncus salcatus e Otiorhyncus ovatus, ou a Fiorinia theae.

Algunhas enfermidades fisiolóxicas poden ser os danos resultado da salinidade do solo; cloroses causadas pola falla de certos elementos nutritivos no solo; a caída dos gomos ou botóns foliares por mor de exceso de auga, altas temperaturas, ou incluso a causa de ter testos demasiado pequenos que afogan a raíz.

Outros problemas poden ser os edemas ou queimaduras polo sol (asolamento). Non se sabe moito de problemas víricos na C. japonica.[18]

A camelia na cultura

As camelias son vistas como símbolos de boa sorte no Aninovo e na primavera chinesa e incluso serven coma ofrendas para os deuses.

Unha das plantas máis importantes relacionadas coa camelia do Xapón é a Camellia sinensis, de onde vén a planta do té. Esta planta non acostuma usarse en xardinaría porque, a diferenza da japonica, ten unha flores brancas moi miúdas. Tampouco a planta do té entrou a formar parte na historia da arte coma a Camellia japonica. Porén tense usado moito en medicina tradicional durante a dinastía Shang. Primeiro fora usada para beberaxes durante a dinastía Zhou.[7]

A mediados do século XIX, as camelias estaban moi de moda en Europa occidental. Isto inspirou a moitos artistas da época. Alexandre Dumas viuse influenciado pola morte moi temperá da cortesá parisiense Marie Duplessis en 1847, cando escribiu A Dama das Camelias. Verdi baseouse na obra de Dumas para compor La traviata.

Autores coma Rosalía xa falaban no século XIX da camelia en Galicia. Igualmente Curros Enríquez, Pondal, Pardo-Bazán, Fernández Flórez ou Cunqueiro mencionan a camelia nas súas obras.

"As dez virtudes da camelia:Son todas éstas: Lonxevidade; inmutabilidade; continuidade; resurrección; pureza; beleza; coorido; tesón; servicio e utilidade". Álvaro Cunqueiro.

Notas

  1. Termos esenciais de Botánica Comisión de Normalización Lingüística da Escola politécnica Superior de Lugo - Universidade de Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2001
  2. Rushing, Felder and Jennifer Greer. Alabama & Mississippi Gardener's Guide. Cool Springs Press, 2005. 158. ISBN 1-59186-118-7
  3. "Botanica. The Illustrated AZ of over 10000 garden plants and how to cultivate them", p 176-177. Könemann, 2004. ISBN 3-8331-1253-0
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Min, Tianlu; Bartholomew, Bruce. Camellia japonica. Consultado o 3 de xullo de 2013. , in Wu, Zhengyi; Raven, Peter H.; Hong, Deyuan, eds. (2007). Flora of China (en inglés). vol. 12. Beijing/St. Louis: Science Press/Missouri Botanical Garden Press. p. 404. ISBN 978-1930723641. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2012. Consultado o 3 de xuño de 2013. 
  5. Roubik, Sakai, and Abang A. Hamid Karim. Pollination ecology and the rain forest. New York: Springer Science + Business Media. 2005. 135. ISBN 0-387-21309-0
  6. 6,0 6,1 Cothran, James R. (2003). Gardens and historic plants of the antebellum South. Columbia, S.C.: University of South Carolina Press. pp. 166–167. ISBN 978-1-57003-501-2. OCLC 51460566. }
  7. 7,0 7,1 7,2 Valder, Peter. The Garden Plants of China. Oregon: Timber Press, 1999. ISBN 0-88192-470-9
  8. "Die Pillnitzer Kamelie (Camellia japonica L.)" (en German). Staatliche Schlösser, Burgen und Gärten Sachsen. 2011. Consultado o 26 December 2011. 
  9. P. Vela, J. L. Couselo, C. Salinero, M. González, M. J. Sainz: Morpho-botanic and molecular characterization of the oldest camellia trees in Europe. In: International Camellia Journal, No. 41, 2009, pp. 51-57
  10. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2013. Consultado o 06 de setembro de 2012. 
  11. Francko, David. A. Palms won't grow here and other myths. Oregon: Timber Press, Inc. 2003. ISBN 0-88192-575-6
  12. Turgalicia (2012). "Tipos de camelia segundo a forma da flor". Ruta da camelia. Consultado o 3 de xuño de 2013. 
  13. Nico Vermeulen:"The Complete Encyclopedia of Container Plants", p. 65-66. Rebo International, Netherlands, 1998. ISBN 90-366-1584-4
  14. The Magazine of horticulture, botany, and all useful discoveries and improvements in rural affairs. Published by Hovey., 1836. v. 2. Original from Harvard University. Digitized May 11, 2007.
  15. Kirton, Meredith. Dig: Modern Australian Gardening. Murdoch Books, 2004. 399. ISBN 1-74045-365-4
  16. "Do Pozo". Consultado o 3 de xuño de 2013. 
  17. "Tipos y variedades de camelias". www.turismo.gal. Consultado o 2020-01-17. 
  18. Pirone, Pascal P. Diseases and pests of ornamental plants. Edition 5. John Wiley and Sons. 1978. 172-175.

Véxase tamén

Outros artigos

Read other articles:

Bill FagerbakkeFagerbakke di San Diego ComicCon, 2009LahirWilliam Mark Fagerbakke4 Oktober 1957 (umur 66)Fontana, California, A.S.KebangsaanAmerikaAlmamaterUniversity of IdahoPekerjaanAktor, aktor suaraTahun aktif1984–sekarangDikenal atas Patrick Star dari SpongeBob SquarePants Michael Dauber Dybinski dari Coach Suami/istriCatherine McClenahan ​ ​(m. 1989; separated 2012)​Anak2 William Mark Fagerbakke (/ˈfeɪɡərbɑːki/; lahir 4 N...

 

هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (نوفمبر 2023) المنبر (مجلة)تعديل - تعديل مصدري مجلّة المنبر هي مجلة فلسطينية اجتماعيّة اقتصاديّة وأدبيّة غير حزبيّة تسعى إلى تحقيق هدفين مركزيّين. الأول، تغطية قضايا الط...

 

Персей звільняє АндромедуLiberazione di Andromeda Творець: П'єро ді КозімоЧас створення: 1510 або 1513Висота: 70 смШирина: 123 смМатеріал: ПанельТехніка: Олійна фарбаЖанр: міфологічний живописЗберігається: Галерея УффіціМузей: Уффіці  Персей звільняє Андромеду у Вікісховищі «Персей

Fuerzas Terrestres de Rumania Escudo del Ejército de TierraActiva 12/24 de noviembre de 1859-presentePaís Rumania RumaniaRama/s Infantería, tropas de montaña, artillería, caballería, paracaidistas, ABQTipo Ejército de tierraFunción Seguridad exterior y defensa nacionalParte de Fuerzas Armadas RumanasAcuartelamiento Statul Major al Forţelor Terestre, BucarestAlto mandoComandante General de brigada Ariton IonițăComandantesnotables Constantin PrezanAlexandru AverescuIon AntonescuInsig...

 

Untuk the poet, lihat Shin Dong-yup (penyair). Ini adalah nama Korea; marganya adalah Shin. Shin Dong-yupLahir17 Februari 1971 (umur 52)SeoulKebangsaanKorea SelatanTahun aktif1991–sekarangSuami/istriSun Hye-yoonNama KoreaHangul신동엽 Hanja申東燁 Alih AksaraSin DongyeopMcCune–ReischauerSin Tongyŏp Shin Dong-yup (Hangul: 신동엽; lahir 17 Februari 1971) adalah pembawa acara komedi televisi dan komedian asal Korea Selatan. Ia lulus dari Seoul Institute of the Arts. Pad...

 

Lambang Negara Republik Indonesia Garuda PancasilaDetailPemangkuRepublik IndonesiaDigunakan sejak11 Februari 1950PerisaiDi bagian tengah Garuda, melambangkan Pancasila, ideologi nasional IndonesiaPenopangGaruda (penopang tunggal)MottoBhinneka Tunggal IkaElemen lainJumlah bulu Garuda melambangkan tanggal 17 Agustus 1945, hari kemerdekaan Republik IndonesiaPenggunaan Lambang Negara (contoh pada paspor Indonesia dan dokumen resmi kenegaraan) Lambang kenegaraan dan ideologi nasional Melambangkan ...

Historic house in Massachusetts, United States United States historic placePerkins EstateU.S. National Register of Historic Places Show map of MassachusettsShow map of the United StatesLocation450 Warren St., Brookline, MassachusettsCoordinates42°19′14″N 71°8′39″W / 42.32056°N 71.14417°W / 42.32056; -71.14417Area22 acres (8.9 ha)ArchitectEdward Clarke CabotArchitectural styleGothic Revival, PicturesqueMPSBrookline MRANRHP reference No.85...

 

American word puzzle syndicated in daily newspapers This article is about the word game. For other uses, see Jumble (disambiguation). An example Jumble-style puzzle Jumble is a word puzzle with a clue, a drawing illustrating the clue, and a set of words, each of which is “jumbled” by scrambling its letters. A solver reconstructs the words, and then arranges letters at marked positions in the words to spell the answer phrase to the clue. The clue, and sometimes the illustration, provide hi...

 

髙橋 尚成斗山ベアーズ 投手インストラクター DeNA時代(2014年8月17日 横須賀スタジアムにて)基本情報国籍 日本出身地 東京都墨田区生年月日 (1975-04-02) 1975年4月2日(48歳)身長体重 177[1] cm80[1] kg選手情報投球・打席 左投左打ポジション 投手プロ入り 1999年 ドラフト1位(逆指名)初出場 NPB / 2000年4月6日MLB / 2010年4月7日最終出場 MLB / 2013年4月11日NPB / 2015年1...

American college football season 1902 Auburn Tigers footballConferenceSouthern Intercollegiate Athletic AssociationRecord2–4–1 (2–4–1 SIAA)Head coachRalph S. Kent (1st season; first 5 games)M. S. Harvey (1st season; final 2 games)Captain Henry S. Park H. A. Allison Seasons← 19011903 → 1902 Southern Intercollegiate Athletic Association football standings vte Conf Overall Team W   L   T W   L   T Clemson $ 5 – 0 – 0 6 –...

 

У этого термина существуют и другие значения, см. Математика (значения). НаукаМатематика  Медиафайлы на Викискладе Евклид. Деталь «Афинской школы» Рафаэля Матема́тика (др.-греч. μᾰθημᾰτικά[1] < μάθημα «изучение; наука») — точная формальная наука[2], первонач...

 

The Middle Sister First edition cover artAuthorLois DuncanLanguageEnglishGenreNovelyoung adultPublishedJuly 18, 1960PublisherDodd, Mead and Company[1]ISBN978-1-939-60140-7 The Middle Sister is a 1960 novel by Lois Duncan.[2][3][4] Plot Teenage Ruth Porter, the middle child of two sisters, struggles with her tall and thin stature in contrast to her siblings, especially the older Janet. Ruth begins to imitate Janet, who aims for a career as a theatre actress. Cri...

French general Charles LeclercPortrait by François-Joseph Kinson, 1804Born17 March 1772 (1772-03-17)Pontoise, FranceDied2 November 1802(1802-11-02) (aged 30)Tortuga, Saint-DomingueAllegiance Kingdom of France French First RepublicService/branchFrench ArmyYears of service1791–1802RankGénéral de divisionBattles/warsFrench Revolutionary WarsSaint-Domingue expedition Charles Victoire Emmanuel Leclerc (French pronunciation: [ʃaʁl viktwaʁ emanɥɛl ləklɛʁ]; 17...

 

Airport in Balikpapan, Indonesia Sultan Aji Muhammad Sulaiman Sepinggan International AirportBandar Udara Internasional Sultan AjiMuhammad Sulaiman SepingganIATA: BPNICAO: WALLWMO: 96633SummaryAirport typePublicOwnerGovernment of IndonesiaOperatorPT Angkasa Pura IServesBalikpapanLocationBalikpapan, East Kalimantan, IndonesiaFocus city for Citilink Super Air Jet Time zoneWITA (UTC+08:00)Elevation AMSL12 ft / 4 mCoordinates01°16′06″S 116°53′40″E / 1.2683...

 

This article is about the private school in Seattle. For the California school, see University Preparatory Academy. For the schools in Detroit, Michigan, see University Prep Schools. For the school type, see University-preparatory school. Private, middle and high school in Seattle, Washington, United StatesUniversity PrepMain entrance in August 2015Address8000 25th Avenue NE, WedgwoodSeattle, Washington 98115United StatesCoordinates47°41′16″N 122°18′00″W / 47.687879...

Behavioral pattern Medical conditionHoarding disorderOther namesCompulsive hoardingCompulsive hoarding in an apartmentSpecialtyPsychiatry, clinical psychologySymptomsExcessive acquisition, Perceived need to save possessions, Persistent difficulty discarding or parting with possessions, regardless of their actual value, Intense urge to keep items and distress when getting rid of them.Usual onsetAges 11–15[1]DurationChronic[2]CausesNot clear, possibly genetic, and stressful li...

 

National budget of India 2022 (2022) Union Budget of IndiaEmblem of IndiaSubmitted1 February 2022Submitted byNirmala Sitharaman(Minister of Finance)Submitted toParliament of IndiaPresented1 February 2022Passed29 March 2022 [1]Parliament17th (Lok Sabha)PartyBharatiya Janata PartyFinance ministerNirmala SitharamanTotal revenue₹31.94 trillion (US$400 billion)Total expenditures₹39.45 trillion (US$490 billion)Tax cutsNoneDeficit6.4% (0.3%)Websitewww.indiabudget.gov.in‹...

 

Ram Siya Ke Luv Kushराम सिया के लव कुशGenreMitologiDramaPembuatSiddharth Kumar TewaryBerdasarkanRamayanaPengembangSiddharth Kumar TewaryDitulis olehMahesh PandeyPemeranShivya PathaniaHimanshu SoniNegara asalIndiaBahasa asliHindiJmlh. musim1Jmlh. episode141[1]ProduksiProduserSiddharth Kumar TewaryGayatri Gill TewaryLokasi produksiMumbai, Maharashtra, IndiaPengaturan kameraMulti-cameraDurasi20 menitRumah produksiSwastik ProductionsRilis asliJaringanColors TVF...

You can help expand this article with text translated from the corresponding article in Spanish. (May 2012) Click [show] for important translation instructions. View a machine-translated version of the Spanish article. Machine translation, like DeepL or Google Translate, is a useful starting point for translations, but translators must revise errors as necessary and confirm that the translation is accurate, rather than simply copy-pasting machine-translated text into the English Wikipedi...

 

United States historic placeMinster Elementary SchoolU.S. National Register of Historic Places Rear of the schoolShow map of OhioShow map of the United StatesLocationLincoln St., Minster, OhioCoordinates40°23′42″N 84°22′44″W / 40.3951°N 84.3790°W / 40.3951; -84.3790Area1 acre (0.40 ha)Built1904Architectural styleItalian VillaMPSCross-Tipped Churches of Ohio TRNRHP reference No.79002850[1]Added to NRHPJuly 26, 1979 The Minster Ele...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!