Camagüey é unha cidade e concello que se localiza na Cuba occidental. Fundouna Diego Velázquez de Cuéllar ao redor de 1515 como Santa María del Puerto del Príncipe, hoxe é a terceira mais populosa cidade do país e a capital da Provincia de Camagüey. En 2004, o concello de Camagüey tiña unha poboación de 324 921 habitantes.[1] En 2008, a Unesco nomeou o seu centro histórico como Patrimonio da Humanidade.
Fundada como Santa María del Puerto del Príncipe en 1514, por colonos españois na costa norte, trasladouse ao interior en 1528, ao lugar dunha aldea taína chamada Camagüey. Foi un dos sete asentamentos orixinais (vilas) fundados en Cuba polos españois. Despois de que Henry Morgan queimase a cidade no século XVII, redeseñouse como un labirinto para que aos atacantes foselle difícil moverse por dentro da cidade.
O símbolo da cidade de Camagüey é o pote de barro ou tinajón, que se utiliza para captar a auga da chuvia e conservala fresca. Camagüey tamén é o berce de Ignacio Agramonte (1841), figura importante da Guerra dos Dez Anos contra España. Un monumento do escultor italiano Salvatore Buemi, erixido no centro da zona a Ignacio Agramonte, inaugurouno a súa muller en 1912. Está composto por unha estatua ecuestre, relevos en bronce que revelan fragmentos da vida de Agramonte e unha escultura dunha muller que simboliza a patria.
En xullo de 2008, a cidade vella designouse pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade pola súa planificación urbana irregular e labirintica, o seu papel destacado na colonización e a agricultura española temperá e a súa rica arquitectura que mostra unha variedade de influencias.[2]
Camagüey fundouse como Santa María del Puerto del Príncipe en 1514, por colonos españois liderados por Diego Velázquez de Cuéllar nun lugar coñecido agora como Nuevitas na costa norte. Foi un dos sete asentamentos orixinais (vilas) fundados en Cuba polos españois. O asentamento foi trasladado ao interior en 1528 ao lugar dunha aldea taína chamada Camagüey.
Entre 1747 e 1753 Luis de Unzaga, entón Capitán Gobernador de Porto Príncipe, rehabilitou a cidade, que sufrira grandes danos na Guerra da orella de Jenkins, e reconstruíu a igrexa da Merced.[3]
Tras a Independencia de Cuba de España en 1898, a cidade e a súa provincia recibiu o nome actual de Camagüey. O nome, de orixe indíxena, xa se utilizaba para referirse á comarca en referencia ao cacique local Camagüebax, que gobernaba entre os ríos Tínima e Hatibonico.
A nova cidade construíuse cun trazado confuso de rúas sinuosas. Hai moitas rúas cegas e rúas bifurcadas que conducen a prazas de diferentes tamaños. Unha explicación é que isto deseñouse adrede, para facer que a cidade fose máis fácil de defender de calquera asaltante, pola mesma versión, a razón de que só hai unha saída da cidade era que se os piratas volverann e lograsen entrar na cidade, sería posible que os habitantes locais os atrapasen e matarasen. Non obstante, os veciños discuten este razoamento como un mito, afirmando que, en verdade, a cidade desenvolveuse sen planificación, e que as rúas sinuosas desenvolvéronse a partir de que todos querían estar preto da súa igrexa local (a cidade ten 15 delas).
No ano 2004, o concello de Camagüey tiña unha poboación de 324.921 habitantes.[1] Cunha superficie total de 1106 km²,[4] ten unha densidade de poboación de 293,8 hab/km².
Cultura
O símbolo da cidade de Camagüey é o pote de barro ou tinajón, que se utiliza para captar a auga da chuvia para ser utilizada posteriormente, mantendo fresca. Os potes de barro están por todas partes, algúns tan pequenos como unha man, outros o suficientemente grandes como para que dúas persoas poidan estar de pé, xa sexa como monumentos ou para uso real. Unha lenda local di que se bebes auga dun "tinajón", quedarás en Camagüey ("Quien tome agua del tinajón, en Camagüey se queda"), o que significa que se coñeces a unha moza camagüeyana, namorarás dela e nunca marcharas. As principais institucións de educación secundaria son a Universidade de Camagüey e o Instituto Pedagóxico de Camagüey.
Infraestrutura
Disposición da rúa
O trazado da cidade vella semella un auténtico labirinto, con rúas estreitas e curtas que sempre xiran nunha ou outra dirección. Despois de que Henry Morgan queimase a cidade no século XVII, deseñouse como un labirinto para que aos seus atacantes resultáralles difícil moverse por dentro da cidade.
Transporte
Camagüey conta cunha importante estación de ferrocarril na liña principal A Habana-Santiago con conexións con liñas secundarias. A estación atópase na céntrica "Avenida Van Horne", na esquina coa "Avenida Finlay". A cidade está atravesada pola estrada Carretera Central e conta cunha circunvalación. A Autovía A1, que unirá A Habana con Guantánamo, e parcialmente construída, está en fase de proxecto na zona da cidade.
Segundo o sistema da Clasificación climática de Köppen, Camagüey ten un clima de sabana tropical, abreviado como Aw nos mapas climáticos.[5] Xa que Cuba é un punto quente para os ciclóns tropicais, foi afectado moitas veces, como en 1932, co furacán de Cuba de 1932. As temperaturas da tarde son quentes e as da mañá de suaves a quentes durante todo o ano. As chuvias alcanzan o seu máximo durante xuño e son máis baixas en febreiro.
Datos climáticos para Camagüey
Mes
Xan
Feb
Mar
Abr
Mai
Xuñ
Xul
Ago
Set
Out
Nov
Dec
Anual
Temperatura máxima en °C
32,8
34,4
36,7
37,8
38,9
38,3
37,8
38,9
36,7
36,1
33,9
33,9
38,9
Media máxima en °C
27,2
28,3
30,0
31,7
31,7
31,7
32,8
32,8
32,2
30,6
28,9
27,8
30,5
Media diaria en °C
22,2
23,1
24,5
25,8
26,4
26,7
27,5
27,5
27,0
25,8
24,2
22,8
25,3
Media mínima en °C
17,2
17,8
18,9
20,0
21,1
21,7
22,2
22,2
21,7
21,1
19,4
17,8
20,1
Temperatura mínima en °C
7,8
9,4
11,1
13,9
13,3
16,7
18,9
18,9
17,8
15,6
10,0
7,2
7,2
Chuvia media mm
38,1
35,6
61,0
91,4
193,0
266,7
142,2
139,7
185,4
137,2
78,7
50,8
1 419,8
Fonte: Sistema de Clasificación Bioclimática Mundial[6]
↑"Historic Centre of Camagüey". UNESCO World Heritage Centre. United Nations Educational, Scientific, and Cultural Organization. Consultado o 29 de maio de 2021.
↑ Cazorla, Frank , G. Baena, Rosa, Polo, David, Reder Gadow, Marion. (2019) Governor Luis de Unzaga (1717-1793) Pinoneer in the birth of the United States and in liberalism. Malaga Foundation. P. 45-46
↑"Cuba–Camaguey Interna". Centro de Investigaciones Fitosociológicas. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2019. Consultado o 14 de xuño de 2015.