Cala Galdana ou Cala Santa Galdana é unha praia semicircular e rodeada de piñeiros situada no sur da illa de Menorca, a 7 km da localidade de Ferreries.[1] O seu nome procede do árabeGuad-al Ana.
Nela desembocan os torrentes de Algendar e Algendaret. A cala e o torrente de Algendar pertencen ao concello de Ferreries, e a urbanización de Serpentona, situada ao outro lado do torrente, ao termo municipal de Ciutadella. Preto da cala atópase o barranco de Algendar.
A praia conta dende outubro de 2008 cun Sistema de Xestión Ambiental certificado segundo a norma UNE ISO 14001:2004, para a xestión municipal da praia de Cala Galdana.[2]
Notas
↑[hhttps://www.platgesdebalears.com/ca/playa/cala-galdana "Informació de platges"]. platgesdebalears.com. Consultado o 26 de agosto de 2021.