CEIP Gregorio Sanz |
---|
Enderezo |
---|
Avda. Luarca s/n, Ribadeo |
Datas |
---|
Creación | 1973 |
---|
Educación |
---|
Ensinanzas | Primaria |
---|
Xestión |
---|
Xunta de Galicia |
Director | Lourdes Marqués Espina |
---|
Xefe de estudos | Mª José Gayoso Río |
---|
Secretario | Miryam González Rodríguez |
---|
Na rede |
---|
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgregoriosanz/ |
O colexio público Gregorio Sanz é un centro de educación primaria de Ribadeo. Inaugurado no 1973 baixo a dirección de Antonio Martínez López, dende 1994[1], por iniciativa da alcaldía e votación en pleno,[2] debe o seu nome ó mestre e pedagogo Gregorio Sanz.
Características
Nel o alumnado pode cursar dende educación preescolar ata o 6º curso de educación primaria. En 2005 e cursos sucesivos rondaba os 400 alumnos e alumnas e 20 profesores e profesoras, despois dunha diminución suave pero persistente debido á baixa natalidade.
A construción ten un edificio principal con aulas, un edificio adxacente administrativo, un ximnasio e unha pista cuberta, así como abundante extensión de terreo circundante e outros servizos menores, como parque infantil e un comedor na planta baixa.
Está situado en fronte do IES Porta da Auga e do campo de fútbol.
Ten xornada partida. No 2014 propúxose cambiar a xornada continua, pero non foi aprobado. No curso 2018/2019 volveuse a propoñer.[3]
Notas