CB Collado Villalba
|
Información xeral
|
Fundación
|
1922
|
Desaparición
|
1993
|
Historia
|
CB Collado Villalba (1922–1990) CB Atlético Madrid-Villalba (1990−1991)
|
Cores
|
Amarelo, verde, branco
|
Localización
|
Cidade
|
Collado Villalba, España
|
Pavillón
|
Pabellón Municipal
|
Capacidade
|
3 500
|
O Club Baloncesto Collado Villalba é un club profesional de baloncesto español con sede na cidade de Collado Villalba, Madrid. Durante a temporada 1990−91 o club fusionouse co Atlético de Madrid e pasando a ser sección de baloncesto deste equipo co nome de Club Baloncesto Atlético Madrid-Villalba. Despois da desaparición do equipo outros clubs tentaron ocupar o seu lugar, como o Villablanca e Basket Villalba 98, os cales se fusionaron en 2011 para formar a Unión Baloncesto Villalba.[1]
Historia
O Club Baloncesto Collado Villalba foi fundado no ano 1922. Durante toda a súa historia tivo diversas denominacións por motivos de patrocinio. Durante os primeiros anos da existencia da ACB, o equipo da serra de Madrid tivo patrocinadores bancarios. Primeiro foi coñecido como Bancobao Villalba, sendo despois o banco vasco BBV o que patrocinaría ao equipo. Na temporada 1990−91 desembarca no equipo Jesús Gil y Gil, convertendo ao equipo nunha sección do Atlético de Madrid.[1]
O equipo estaba dirixido por Clifford Luyk, mais despois da destitución deste, chegou ao banco Tim Shea. En canto aos xogadores, destacaba o par de estadounidense formado por Walter Berry e Shelton Jones, aos cales se unían nacionais solventes como Javier García Coll, Javier Gorroño e Carlos Gil. O equipo chegou a xogar play off e clasificarse para competición europea. Con todo, a aventura baloncestistica en ACB de Gil sería efémera e ao ano seguinte deixaría o patrocinio do equipo. Na temporada 1991−92, sen patrocinador e cun equipo formado tamén por unha gran parte de norteamericanos, Mark Landsberger e Henry Turner, o equipo elude o descenso no playoff pola permanencia. Porén, a delicada situación económica fai que o club venda a súa praza en ACB e desapareza do baloncesto de elite. En total chegou a disputar 226 partidos na liga ACB, con 93 vitorias e 133 derrotas.
Patrocinios
Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
- Bancobao Villalba (1987−1988)
- BBV Villalba (1988−1990)
- Atlético de Madrid-Villalba (1990−1991)
Xogadores
Destacados
Historial
O seguinte é o historial do club na máxima categoría.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- ↑ 1,0 1,1 "Historia de UB Villalba". ubvillalba.com.