Cornelis George Boeree (Badhoevedorp, Ámsterdam, Países Baixos, 15 de xaneiro de 1952 - Shippensburg, Pensilvania, Estados Unidos, 5 de xaneiro de 2021[1]) foi un psicólogo neerlandés, naturalizado estadounidense, e profesor emérito na Universidade de Shippensburg, especializado na teoría da personalidade e a historia da psicoloxía.
Biografía
Recibiu o seu doutoramento en 1980 da Universidade estatal de Oklahoma[2]. É o autor dos primeiros textos sobre psicoloxía en Internet[3], os cales están dispoñibles gratuitamente desde 1997. Foron traducidos ao alemán[4], o español[5], e o búlgaro[6].
Tamén é o inventor do idioma auxiliar lingua franca nova, aparecido en Internet en 1998.
En 1956 mudouse coa súa familia a Long Island, Nova York. En 1972 casou con Judy Kovarik, con quen tivo tres fillas.
Morreu o 5 de xaneiro de 2021 dun cancro de páncreas na súa casa en Pensilvania[7].
Notas