A cúpula radial é unha formación ósea da epífise proximal do radio, de forma cilíndrica, que se artella co cóndilo umeral na articulación umerocubital. A cúpula está rodeada polo ligamento anular do cóbado e posúe unha superficie articular para a articulación radiocubital superior.
Véxase tamén
Bibliografía
- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.