O Busch Stadium, a miñudo chamado New Busch Stadium ou Busch Stadium III, é un parque de béisbol situado en St. Louis, Missouri (Estados Unidos). É o estadio local dos St. Louis Cardinals da Major League Baseball (MLB). O estadio, con capacidade para 45.494 espectadores, substituíu o antigo Busch Memorial Stadium (tamén coñecido como Busch Stadium II), ocupando parte dos terreos nos que se erixía. Anexa ao recinto hai unha área comercial coñecida como Ballpark Village. O estadio foi inaugurado o 4 de abril cun encontro entre os Memphis Redbirds e os Springfield Cardinals, equipo afiliado aos St. Loius Cardinals das Ligas Menores. O primeiro partido oficial de Ligas Maiores foi uns días despois, o 10 de abril, nun xogo en que os Cardinals venceron aos Milwaukee Brewers por 6–4.
Este estadio é o terceiro en St. Luois en levar o nome de Busch Stadium. O primeiro foi o Sportsman's Park, o cal adoptou o nome de Busch Stadium en 1953 na honra do dono da franquía, Gussie Busch. Este primeiro estadio fechou en 1966, tendo que trasladarse tanto os Cardinals de béisbol como o equipo homónimo da National Football League (hoxe Arizona Cardinals) a un novo estadio, o Busch Memorial Stadium. Con todo, o actual nome non é debido a Gussie Busch senón ao patrocinio da compañía Anheuser-Busch. O dereito de nomenclatura do estadio da empresa finaliza no ano 2026.[1]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas