Un bufón é unha formación cárstica que consiste nun furado vertical a poucos metros da beira dun cantil de rocha calcaria e que inferiormente comunica co mar. Cando a marea sobe e as ondas baten con forza, exulsa un chorro de auga de mar pulverizada, o que provoca un son característico que lle dá o nome ao bufón. A columna de auga pulverizada pode acadar máis de 10 metros de altitude e o bufido oírse a varios quilómetros.