O bufo mouro[1] (Asio capensis) é unha ave de rapina nocturna da familia dos estríxidos (Strigidae). É nativa de África e Madagascar.
Características
O bufo moura mide uns 35–37 cm de longo con 82–99 cm de envergadura. É semellante ao bufo das xunqueiras pero de menor talle. Distínguese do seu parente pola súa plumaxe marrón escuro e sen raias no dorso. Ten unha envergadura considerábel para o seu tamaño e adoita pousarse no chan ou en postes baixos.
Hábitos
Aniña no chan en áreas pantanosas abertas, e pon de 2 a 4 ovos entre matogueiras. Caza en campo aberto e a miúdo durante o día. Aliméntase principalmente de insectos, pero tamén pode cazar pequenos roedores e paxaros.
Galería de imaxes
Notas