O Bristol Type 163 Buckingham foi un bombardeiro medio británico da segunda guerra mundial operado pola Royal Air Force (RAF). Superado polos acontecementos, foi construído en poucas cantidades e usouse principalmente para tarefas de transporte e ligazón.
Deseño e desenvolvemento
A principios de 1939 Bristol suxeriu unha variante de bombardeo do Beaufighter cos seus motores Hercules. A política británica na época era que os bombardeiros medios se obtivesen dos Estados Unidos permitindo á industria británica concentrarse nos deseños de bombardeiros pesados; porén, pedíuse un deseño preferiblemente baseado nun avión que xa existía. Isto significaba traballar co Beaufighter ou o Beaufort. Bristol traballou no seu deseño primeiro como o Bristol Type 161 e despois o Type 162 Beaumont.[1]
A especificación B.7/40 do Ministerio do Aire solicitaba un bombardeiro medio para substituír o Blenheim. A especificación estipulaba unha velocidade de polo menos 480 km/h a 1 500 metros, unha carga normal de 450 kg de bombas e unha torreta central armada con polo menos dúas metralladoras de 12,7 mm. Só un fabricante (Armstrong Whitworth) presentou un deseño completo, pero este non foi aprobado.[2] Polo que cando Bristol levou o seu Type 162 (tentativamente chamado Beaumont), que se axustaba ben a B.7/40, ao Estado Maior do Aire, a compañía recibiu a petición de completar unha maqueta en 1940 e despois confirmouse un contrato por tres prototipos en febreiro de 1941. O Beaumont estaba baseado na fuselaxe traseira e cola dun Beaufighter, cunha fuselaxe central e dianteira nova. O armamento estaba formado por unha torreta no medio da parte superior da fuselaxe con catro metralladoras, con catro metralladoras disparando cara a adiante e dúas cara a atrás.
A construción comezou a finais de 1940, coa nova especificación B.2/41 do Ministerio do Aire escrita ao redor del. Cambios nos requisitos, eliminando o bombardeo en picado e apoio directo ao exército, dos cales se ocuparían os bombardeiros estadounidenses que chegarían, e un incremento de rendemento para o futuro, o que significaba que o Beaumont non sería suficiente. Os cambios no rendemento (requirindo unha carga de bombas de 1 800 kg, unha velocidade de 580 km/h e un alcance de 2 570 km) significaban un redeseño de Bristol para usar o motor Bristol Centaurus.[1]
O redeseño de Bristol cunha á máis grande e os motores máis potentes foi o Type 163 Buckingham.[1] Tiña instalacións de armas no morro, e torretas dorsal e ventral. Conventional en aparencia, unha característica pouco común era que o bombardeiro/navegante estaba instalado nunha góndola ventral no medio da fuselaxe, asemellándose ás dos anteriores Heinkel He 111H alemán e Boeing B-17C e -D estadounidenses en aparencia.[3] Isto foi parte dun intento de darlle a todos os membros da tripulación unha visión sen obstrucións e acceso ás outras posicións. A bodega de bombas podía levar unha bomba de 1 800 kg, dúas de 900, catro de 450 ou seis de 225 kg.[4] A parte traseira da góndola tiña unha torreta alimentada hidraulicmente cos dúas metralladoras Browning. A torreta dorsal deseñada por Bristol levaba catro Brownings. Catro metralladoras fixas máis, que disparaban cara a adiante, eran disparadas polo piloto.[4] Tras máis cambios, a especificación B.2/41 subsituíuse pola B.P/41. Realizouse un pedido por 400 avións, a un ritmo inicial de 25 por mes, cos primeiras entregas agardadas para marzo de 1943, pero Bristol estaba aínda preocupado porque aínda non fose unha escala razoable e resultaría caro, e como tal queixouse ao ministerio pola mala planificación. O primeiro voo tivo lugar o 4 de febreiro de 1943.[5] Durante as probas o Buckingham amosou unha pobre estabilidade que levou ao agrandamento das derivas, xunto con outras modificacións.[3]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Buttler 2004, p. 88
- ↑ Buttler 2004, p. 87
- ↑ 3,0 3,1 Winchester 2005, p. 95
- ↑ 4,0 4,1 Flight, 13 de decembro de 1945, p. 625
- ↑ Mondey 1994, p. 68
Bibliografía
- Buttler, Tony. British Secret Projects: Fighters and Bombers 1935–1950. Hinckley, UK: Midland Publishing, 2004. ISBN 1-85780-179-2.
- Mondey, David. The Hamlyn Concise Guide to British Aircraft of World War II. London: Aerospace Publishing Ltd., 1982 (reprint 1994). ISBN 1-85152-668-4.
- Winchester, Jim. The World's Worst Aircraft: From Pioneering Failures to Multimillion Dollar Disasters. London: Amber Books Ltd., 2005. ISBN 1-904687-34-2.