Brüno é un filme británico-estadounidense dirixido por Larry Charles estreado no 2009. Está protagonizado por Sacha Baron Cohen, quen produciu, co-escribiu e interpretou o personaxe principal, un excéntrico xornalista de moda austríaco. O filme é o terceiro en basearse nos personaxes de Baron Cohen, seguindo a Ali G Indahouse e Borat: Cultural Learnings of America for Make Benefit Glorious Nation of Kazakhstan.
Sinopse
Sacha Baron Cohen interpreta a un reporteiro gay, con certa obsesión pola moda e polo culto ó corpo. Isto levarao a parodiar os deseñadores de alta costura e os modelos.
Véxase tamén
Ligazóns externas