Born to Run é o terceiro álbum do músico de rock estadounidense Bruce Springsteen, publicado o 25 de agosto de 1975 a través do selo Columbia Records.
Representando os esforzos de Springsteen por entrar no mainstream, Born to Run foi un éxito comercial e de crítica. Chegou ao número 3 da lista Billboard 200, e vendendo seis millóns de copias nos Estados Unidos ata o ano 2000. Publicáronse dous sinxelos do álbum: "Born to Run" e "Tenth Avenue Freeze-Out"; o primeiro axudou a Springsteen a alcanzar a popularidade entre o gran público. Os temas "Thunder Road" e "Jungleland" foron básicos nas radios AOR e nos concertos do músico.
Born to Run colleitou unha ampla aclamación da crítica. As louvanzas centráronse na calidade da produción e no xeito de compoñer de Springsteen, que se centraba na chegada dos adolescentes á idade adulta en Nova Jersey e Nova York. Considerado por moitos o seu mellor lanzamento, Born to Run adoita a ser citado como un dos grandes álbums da historia e foi situado no posto 18 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos".
O 14 de novembro de 2005, publicouse unha edición remasterizada polo seu 30 aniversario formada por unha caixa con dous DVDs: unha película do diario de produción e un concerto.
Listaxe de cancións