Bonifacio IV de Montferrato

Modelo:BiografíaBonifacio IV de Montferrato

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de decembro de 1512 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Piemonte, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xuño de 1530 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (17 anos)
Causa da mortecaída de cabalo Editar o valor en Wikidata
Marquis of Montferrat (en) Traducir
1518 (Gregoriano) – 1530 (Gregoriano)
← Guilherme IX de Monferrato (pt) TraducirJoão Jorge de Monferrato (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloMarqués Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Paleólogo Editar o valor en Wikidata
PaisGuilherme IX de Monferrato Editar o valor en Wikidata  e Anne d'Alençon Editar o valor en Wikidata
IrmánsMargarida Paleóloga
Maria Paleóloga de Monferrato Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Bonifacio IV Paleólogo, nado o 21 de decembro de 1512 e finado o 6 de xuño de 1530, foi marqués de Montferrato entre 1518 e 1530.

Traxectoria

Bonifacio IV foi o penúltimo marqués de Montferrato pertencente á dinastía Paleólogo. Sucedeu ao seu pai Guillerme IX, aínda que baixo a rexencia da súa nai, Ana d'Alençon, e o seu tío Xoán Xurxo Paleólogo. En 1519 Bonifacio recibiu a lealdade dos fillos de Oddone de Incisa, herdeiros do marquesado homónimo, que estaba baixo dominio de Montferrato desde tempos de Guillerme IX.

Bonifacio introdúcese na complexa historia da época cando o marquesado de Montferrato foi invadido por Francisco II Sforza debido á alianza do marquesado con Francia, inimigos do Sforza. Bonifacio IV tamén estivo presente na firma da Paz de Cambrai.

Durante anos a política montferrina gradualmente situouse cada vez máis en favor dos imperiais, até o punto de que o emperador Carlos V, o require en varias ocasións no seu séquito.

En 1517, por outra banda, Guillerme IX entregou en matrimonio á súa nova filla María, irmá de Bonifacio, a Federico Gonzaga. Pero pronto Federico se arrepentiu e decidiu repudiar á súa esposa conseguindo que o propio Papa Clemente VII, procedese á súa revisión. Tras a morte de María, Federico casou coa outra irmá de Bonifacio, Margarita.

Bonifacio IV morreu por mor dunha caída do seu cabalo o 6 de xuño de 1530, sen fillos que o sucedesen. Así que se fixo cargo do marquesado o seu tío Xoán Xurxo.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!