Black Mass: Misa negra (en inglés: Black Mass) é un filme estadounidense dirixido por Scott Cooper e escrito por Mark Mallouk e Jez Butterworth que se estreou no 2015. Baséase no libro de 2001 Black Mass: The True Story of an Unholy Alliance Between the FBI and the Irish Mob escrito por Dick Lehr e Gerard O'Neill. Está protagonizado por Johnny Depp, Joel Edgerton e Benedict Cumberbatch, xunto con Kevin Bacon, Jesse Plemons, Peter Sarsgaard, Rory Cochrane, Adam Scott, Dakota Johnson e Corey Stoll.
Estreouse en galego o 7 de agosto de 2019 a través da tvG2.[6] O tradutor foi Manuel Arca Castro.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas