Biosatellite 3, tamén coñecido abreviadamente como Biosat 3 e como Biosatellite D, foi un satélite artificial non tripulado dos Estados Unidos pertencente ó programa Biosatellite para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 29 de xuño de 1969 mediante un foguete Delta N desde o complexo de lanzamento 17A do Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[1][2][4][5][6]
Características
Biosatellite 3 foi o terceiro e último da serie de satélites Biosatellite. Foi lanzado nunha órbita inicial de 356 km de perixeo, 387 km de apoxeo e 33,5 graos de inclinación orbital, cun período de 92,0 minutos.[3][6]
Biosatellite 3 levaba a bordo un macaco para realizar experimentos sobre o contorno espacial nos organismos vivos. A cápsula regresou a terra 9 días tralo lanzamento en lugar de tralos 30 días previstos tras comprobar que as condicións metabólicas do macaco estaban a deteriorarse rapidamente. O espécime morreu 8 horas tralo seu regreso aparentemente debido a un ataque cardíaco producido por deshidratación.[2][4][6]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "BIOSAT 3" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (20 de abril de 2012). "Biosatellite 3" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Letter dated 19 September 1969 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (69-21917). 19 de setembro de 1969: 2. Consultado o 5 de maio de 2012.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "Biosat 1, 2, 3 (Bios 1, 2, 3)" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "Delta N" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "Biosatellite" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2012.
Véxase tamén
Outros artigos