Big Thief

Big Thief
OrixeBrooklyn, Nova York,
Período2015 - presente
Xénero(s)indie rock, folk rock
Selo(s) discográfico(s)Saddle Creek Records
MembrosAdrianne Lenker
Buck Meek
Max Oleartchik
James Krivchenia
Antigos membrosJason Burger
Na rede
http://www.bigthief.net/
Facebook: bigthiefmusic Twitter: bigthiefmusic Instagram: bigthiefmusic Youtube: UCvN64FqCG5hi2cTsOLH2lqQ Bandcamp: bigthiefSouncloud: big-thief Spotify: 5QdyldG4Fl4TPiOIeMNpBZ iTunes: 1083255351 Musicbrainz: 9f81247f-7f57-42f3-a8ba-75bef554e591 Songkick: 8434308 Discogs: 5009441 Allmusic: mn0003449693 Deezer: 9829340 Editar o valor en Wikidata

Big Thief é unha namda estadounidense de indie rock baseada en Brooklyn, Nova York. Os seus membros son Adrianne Lenker (guitarra, voces), Buck Meek (guitarra), Max Oleartchik (baixo) e James Krivchenia (batería).[1]

O primeiro álbum do grupo, Masterpiece, foi publicado a través do selo Saddle Creek Records o 27 de maio de 2016.[2] O 4 de abril de 2017 Big Thief estreou un novo sinxelo, "Mythological Beauty", a través de NPR.[3] O día seguinte a banda publicou o vídeo oficial da canción e confirmou que o tema aparecería no seu seguinte traballo, Capacity. O álbum foi editado o 9 de xuño a través de Saddle Creek.[4]

En 2019 Big Thief publicou dous álbums e varios sinxelos. Antes de lanzar o seu terceiro traballo, U.F.O.F., a banda editou tres sinxelos, ''U.F.O.F", "Cattails", e "Century." O álbum apareceu o día 3 de maio. O seu cuarto disco, Two Hands, publicouse o 11 de outubro. Este lanzamento foi precedido polos sinxelos "Not" e "Forgotten Eyes". Os dous álbums foron incluídos na lista dos mellores discos de rock de 2019 da publicación online Pitchfork Media.[5]

Discografía

Álbum Ano Selo
Masterpiece 2016 Saddle Creek Records
Capacity 2017 Saddle Creek Records
U.F.O.F. 2019 4AD
Two Hands 2019 4AD
Dragon New Warm Mountain I Believe in You 2022 4AD

Véxase tamén

Ligazóns externas

Notas

  1. The Portland Mercury (ed.). "Big Thief’s Masterpiece Finds the Right Alchemy". Arquivado dende o orixinal o 13/11/2017. Consultado o 25 de decembro de 2017. 
  2. Spin (ed.). "Review: Big Thief Are Halfway to a Low-Strung ‘Masterpiece’". Consultado o 25 de decembro de 2017. 
  3. NPR (ed.). "New Mix: Son Lux, Public Service Broadcasting, Big Thief, More". Consultado o 25 de decembro de 2017. 
  4. Pitchfork (ed.). "Big Thief Announce New Album Capacity, Share New “Mythological Beauty” Video: Watch". Consultado o 25 de decembro de 2017. 
  5. Pitchfork. "The Best Rock Albums of 2019". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-04-30. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!