Betty Atómica[2] (en inglés: Atomic Betty e Atomic Betty: Mission Earth,[3] na súa terceira e derradeira tempada)[4] é unha serie de televisión de debuxos animados francesa-canadense producida por Atomic Cartoons, Breakthrough Entertainment e Tele Images Kids, xunto con Marathon Group na terceira tempada. Teletoon no Canadá, Phil Roman Entertainment (sen acreditar) nos Estados Unidos e M6 (tempadas 1-2) e Télétoon en Francia, proporcionan financiamento adicional para a produción.[5]
Empezouse a emitir en galego no Xabarín Club en 2012, e está dispoñible en liña na plataforma do Xabarín.[6]
Sinopse
A protagonista da serie é Betty, unha nena de dez anos que por máis de lle gustar as típicas cousas dunha pequerrecha da súa idade tamén forma parte dunha organización que ten como misión salvar a galaxia axudada por un piloto alieníxena, Sparky, e o robot X-5.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos