Bernardo Fernández Piñeiro, nado en Pontedeume en 1981, é un político galego. Membro do PSdeG-PSOE, é alcalde de Pontedeume tras acadar a maioría absoluta nas eleccións municipais de 2015. Ademais é o portavoz do Grupo Provincial Socialista na Deputación da Coruña e Secretario Xeral do PSdeG-PSOE na mesma provincia.[1]
Traxectoria
Músico de profesión. Militante das Xuventudes Socialistas dende 2004. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou por primeira vez a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía, e foi elixido concelleiro formando parte da oposición. Nas municipais de 2015 volveu encabezar a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde de Pontedeume con maioría absoluta. No 2019 revalidou a maioría absoluta[2] acadando 9 concelleiros dun total de 13, e convertendo ao PSdeG-PSOE eumés na formación política con maior representación na Corporación Municipal da historia democrática do municipio.
No ano 2023, revalidou novamente a maioría absoluta, acabado o mellor resultado do Partido Socialista na comarca de Ferrolterra e un dos mellores da provincia da Coruña, con 9 concelleiros dunha corporación de 13.
Así mesmo, no ano 2015 foi elixido deputado provincial polo partido xudicial de Betanzos, repetindo nese cargo no 2019 e no 2023. Actualmente ocupa o cargo de portavoz do Goberno e do Grupo Provincial Socialista na Deputación.
Dende febreiro do 2022 é Secretario Xeral do PSdeG-PSOE na provincia da Coruña, tras gañar as primarias o 30 de xaneiro cun 77% dos votos fronte a Noa Díaz Varela. Así mesmo, ostentou o cargo de Vicesecretario Xeral do PSdeG-PSOE na provincia (2018-2022), así como o de Secretario de Organización Provincial (2014-2018), baixo os mandatos de Valentín González Formoso e Julio Sacristán.
Tamén é membro do Comité Federal do PSOE presidido por Pedro Sánchez, máximo órgano de control político e de dirección do Partido Socialista a nivel do Estado.
Vida persoal
É veciño da parroquia de Centroña.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas