BellónMaceiras é un dúo musical de Fene, fundado en 2005 e composto por Dani Bellón (gaita) e Diego Maceiras (acordeón).[1]
Traxectoria
Xurdiu na primavera de 2005 cando Daniel Bellón e Diego Maceiras decidiron unir a gaita e o acordeón, un dúo de instrumentos pouco explorado até aquel momento.[2] O dúo gañou o VII Certame Folk de Radio Obradoiro que se celebrou no Teatro Principal de Santiago de Compostela e, xunto a Álex Blanco, foron os vencedores no Proxecto Runas do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira de 2006, o que lles deu a posibilidade de actuar no escenario principal o ano seguinte.[3] Foron un dos grupos da delegación galega no Festival Intercéltico de Lorient de 2006. En decembro dese ano publicaron o seu primeiro disco co título Unión das Terras. Componse de pezas propias mesturadas cunha visión moi persoal de temas de diversas culturas adaptadas á gaita e ao acordeón. Realizaron numerosas actuacións como presentación do disco, tanto en Galicia como en España (Madrid, Barcelona, Málaga) e Europa (Andorra, Suíza), e incluso en Nova York.[4]
En 2007 incorporaron tres novos membros, Juan "Cabe", Miguel Lamas e Juan Tinaquero, para formar BellónMaceiras Quinteto, grupo co que publicaron en 2010 o disco FolkFusión.[5] No ano 2016 publicouse o segundo álbum do dúo BellónMaceiras, titulado Ten. Constou de 10 temas e contou con varias colaboracións, entre elas as da organista rusa María Moiséeva ou o violinista galés Oliver Wilson-Dickson.[6][7]
Discografía
Premios
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas