Before Sunrise é un filme estadounidense de 1995 dirixido por Richard Linklater e escrito por Linklater e Kim Krizan. É a primeira entrega da triloxía Before, e conta a historia de Jesse (Ethan Hawke) e Céline (Julie Delpy) que se encontran nun Eurail con destino a Viena, onde pasan a noite xuntos. Gañou o premio á mellor dirección no Festival Internacional de Cinema de Berlín. As súas secuelas son Before Sunset (2004) e Before Midnight (2013).
Sinopse
Céline (Julie Delpy) é unha estudante francesa que vén de visitar a súa avoa en Budapest. Jesse (Ethan Hawke) é un mozo estadounidense que realiza unha viaxe a través de Europa despois de ser abandonado pola súa noiva, a quen fora a visitar a Madrid.
Céline e Jesse atópanse nun tren, no traxecto entre Budapest e Viena. Chegados a Viena, Jesse debe baixar e logra convencer a Céline para que pase unha noite con el na capital austríaca. No curso desa noite coñécense a fondo, discuten e revelan cuestións diversas como a vida, a morte, o amor e o sexo. Visitan moitos lugares de Viena mentres conversan, e ao día seguinte deben separarse. Pero no último momento, mentres Céline se apresta a abordar o tren, deciden reencontrarse no mesmo lugar (a estación de Viena), á mesma hora, seis meses máis tarde sen pasarse ningún dato de contacto.
Elenco
Premios e candidaturas
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas