A baía de Petre é unha gran baía que comprende preto da metade da costa oeste da illa Chatham, a illa máis grande do arquipélago das illas Chatham de Nova Zelandia. Ten unha extensión duns 20 quilómetros e contén a baía de Waitangi, moito máis pequena, onde se atopa o asentamento máis grande do grupo de illas, Waitangi.
↑New Zealand Geographic Board. "Petre Bay". New Zealand Gazetteer(en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2023. Consultado o 7 de febreiro de 2024.