Baywatch foi unha serie de televisión estadounidense sobre socorristas que vixiaban as praias dos Ánxeles, en California. A serie emitiuse de 1989 até 1999 (e de 1999-2001 como Baywatch Hawaii). Segundo o Libro Guinness dos Récords Mundiais, Baywatch é a serie de TV mais vista de todos os tempos, con máis de 1,1 mil millóns de espectadores en 142 países no ano de 1996.[1]
Gregory J. Bonann traballou como socorrista nos Ánxeles, e iniciou un proxecto de película sobre socorristas que logo se convertería en Baywatch. Baywatch estreouse na NBC en 1989, mais foi cancelado despois de só unha temporada debido ao elevado custo da súa produción e baixa audiencia. Sentindo que a serie aínda tiña grande potencial, David Hasselhoff reavivouna para a first-run syndication en 1991, investindo nela e, adicionalmente traballando como produtor executivo, obtendo grande éxito, especialmente no estranxeiro. A serie resultou nun spin-off, Baywatch Nigths, e nunha película, Baywatch: Hawaiian Wedding.
En 1999 proxectouse unha versión australiana e os actores viaxaron a Sydney para a rodaxe. A idea era mostrar todas as estrelas no piloto, interactuando cunha organización local e, así, crear "Baywatch Downunder". Un piloto foi filmado, mais a serie foi interrompida cando os residentes de Avalon protestaron, acusándoa de producir danos no fráxil ecosistema. O municipio de Avalon foi excluído logo permanentemente de todas as futuras rodaxes, e cancelouse a execución da serie no lugar.
Na 10 ª temporada, o lugar de gravación foi alterado para o Hawai e o nome foi alterado para o de Baywatch Hawaii.
En 2003, David Hasselhoff decidiu reunir os personaxes máis carismáticos que fixeran parte da serie para gravar un filme no Hawai, titulado Baywatch: Hawaiian Wedding.
Enredo
A estrela da serie é David Hasselhoff, da famosa serie de TVKnight Rider, interpretando a Mitch Buchannon. Hasselhof foi o único que actuou en todas as temporadas, seguido por Michael Newman, que fixo 10 das 11 temporadas. Baywatch centrábase no trabalho dun equipo de socorristas de praia e as súas relacións interpersoais, con situacións normalmente centradas sobre os perigos relacionados coa praia e outras actividades pertinentes para as praias de California (máis tarde Hawai). Desde tremores de terra até ataques de tiburóns, asasinos en serie e até mesmo bombas nucleares, serviron como sinopse para conflitos na serie. Salvar persoas de afogarse tendía a ser unha das situacións máis utilizadas na serie. Así, un trazo característico da serie era o movemento lento amosando os corpos dos socorristas correndo.
O primeiro tema musical que acompañou o episodio piloto e a primeira temporada foi Above the Waterline por Kim Carnes. A edición de DVD da primeira temporada, o tema principal orixinal foi substituído pola canción Strong Enough, gravada por Bryan Olson (de seu álbum, Áudio).
Para a temporada da first-run syndication, foi gravado un novo tema por Jimi Jamison (de Survivor) substituíndo Save Me, chamado I'll Be Ready, o máis recoñecido.
Cando os episodios da NBC comezaron a emitirse cinco veces por semana con todos os da first-run syndication, o tema de abertura foi alterado para unha versión máis curta do I'm Always Here, mantendo algunhas imaxes da abertura orixinal da NBC.
Daivd Hasselhoff cantou Current of Love como o tema final da 2ª á 4ª temporada. Xuntamente con Laura Branigan cantou I Believe como o tema de peche da 5ª temporada.
En 2006, remixes do tema oficial de Baywatch, I'll Be Ready foron feitas por Naughty Boy e Sunblock como sinxelos.
Tamén hai unha versión popular de I'm Always Here feita por Andrew Spencer e Pit Bailay en 2005/2006.
Unha versión instrumental da canción aparece no episodio "Battles" da serie de televisión inglesa Spaced.