|
División
|
División I da NCAA
|
Subdivisión en fútbol americano
|
Football Bowl Subdivision (FBS)
|
Conferencia
|
Big 12 Conference
|
Alcume
|
Bears
|
Mascota
|
Joy e Lady
|
Estadio de fútbol americano
|
Floyd Casey Stadium (50.000 espectadores)
|
Pavillón de baloncesto
|
Ferrell Center (11.528 espectadores)
|
|
Baylor Bears é o equipo deportivo da Universidade de Baylor, en Waco, Texas. Os equipos dos Bears participan nas competicións universitarias organizadas pola NCAA, e forman parte da Big 12 Conference dende o ano 1996. Os programas deportivos femininos desta universidade son coñecidos coma Lady Bears.
Deportes
Baylor compite en 16 deportes variados:
Béisbol
O equipo de béisbol é un dos programas deportivos con máis éxito de Baylor. Dende a súa entrada na Big 12 Conference, Baylor ten a mellor marca de conferencia con 137-83 (.623) baixo o mando do adestrador Steve Smith.
Baloncesto
Baylor Lady Bears gañou o campionato nacional de baloncesto feminino da NCAA en 2005, adestrados por Kim Mulkey-Robertson, e gañando na final a Michigan State Spartans por 84-62. Mulkey-Robertson converteuse na primeira adestradora de Baylor e na terceira adestradora da historia en gañar o campionato nacional coma adestradora e coma xogadora, xunto con Dean Smith e Bob Knight.
Os Baylor Bears gañaron cinco títulos da Southwest Conference, e alcanzaron a Elite Eight en 1946 e a Final Four en 1948 e 1950. En 1948 chegaron á final, pero perderon ante os Kentucky Wildcats por 58-42.
Xogadores de baloncesto notables coma David Wesley, Vinnie Johnson ou Darryl Middleton proceden desta universidade.
Ligazóns externas