Santa Maria della Salute (Santa María da Saúde) é unha basílica de Venecia, que se atopa preto da Punta della Dogana (Punta da Alfándega). Edificouse por Baldassare Longhena para agradecerlle á Virxe a axuda que lles prestou ós venecianos durante unha peste que en 1630 decimou á poboación.