Bernard Noël "Banjo Barney" McKenna, nado o 16 de decembro de 1939 en Donnycarney (Condado de Dublín) e finado o 5 de abril de 2012 en Howth (Condado de Dublín)[1], foi un músico irlandés que pese a tocar varios instrumentos coma a mandolina e o acordeón pasou á historia como un dos mellores tocando o banjo tenor. Foi membro fundador do histórico grupo irlandés The Dubliners.
Biografía
Comezou a tocar o banjo aos 12 anos ao non poder permitirse mercar unha mandolina, que era o instrumento que lle gustaba, porén foi con este instrumento co que desenvolvería a maior parte da súa carreira, primeiro en cabarets e concertos en Dublín e despois formando parte do grupo The Dubliners tras un breve paso por outra banda histórica como The Chieftains.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas