A bandeira do Brasil (coñecida co sobrenome de Auriverde) está formada por un rectángulo verde de proporción 7:10. Sobre este rectángulo, aparece un romboamarelo, e dentro deste, un círculoazul cunha banda branca contén o lema "Ordem e Progresso" en cor verde, así como 27 estrelas de cor branca.
Historia
Dominación colonial
Durante a dominación colonial do Brasil por parte de Portugal utilizáronse diversas bandeiras baseadas nos emblemas da monarquía lusitana. As primeiras bandeiras usadas polos navegantes e exploradores incluían a cruz da Orde de Cristo xunto ao Escudo Real.
A bandeira, base do actual pavillón patrio, constaba dun campo verde que representaba a casa de Braganza do emperador Pedro I cun rombo amarelo que identificaba aos Habsburgo, familia da emperatriz María Leopoldina. Sobre este situábase o Escudo Imperial.
Desde a proclamación da República o 15 de novembro ao 19 do mesmo mes usouse outra bandeira que imitaba a dos Estados Unidos de América. As bandeiras actuais dalgúns dos estados do Brasil, como Goiás, Piauí, ou Sergipe, inspíranse neste deseño. O deseño actual, que inclúe un total de 27 estrelas, foi aprobado oficialmente a través do Decreto nº 8.241 promulgado o 12 de maio de 1992.
A bandeira actual do Brasil remóntase á bandeira do Imperio do Brasil, deseñada en 1822. Os símbolos do devandito emblema representan as familias reais de Braganza e Habsburgo, ás que pertencía o primeiro casal imperial.O disco azul da bandeira actual representa o ceo de Río de Xaneiro a mañá do 15 de novembro de 1889 (data da proclamación da República do Brasil). Móstrase coma se fose visto desde fóra da esfera celeste. Cada unha das 27 estrelas representa os distintos estados e o Distrito Federal. O número de estrelas foi variando ao longo da historia a medida que eran creados novos estados, crecendo desde as 21 orixinais ás 27 actuais.
A estrela que representa o Distrito Federal é Sigma Octantis, cuxa posición a fai visible en todo o país, ao longo de todo o ano. Ademais, debido á súa situación, o resto de estrelas representadas na bandeira parecen rotar ao redor de sigma Octantis. A estrela de Pará está por encima das demais, xa que é un estado que está ao norte da Liña do Ecuador. O lema "Ordem e Progresso" está inspirado no lema do positivismo de Auguste Comte: "L'amour pour principe et l'ordre pour base; lle progrès pour but" ("O amor por principio, a orde por base, o progreso por fin" en francés).
As estrelas
As estrelas da bandeira do Brasil
As constelacións e estrelas representadas na bandeira son:
Bandeira do Reino Unido de Portugal, Brasil e Algarves (1816–1821)
Bandeira do Réxime Constitucional (1821 – 18 de setembro de 1822)
Bandeira do Reino do Brasil (18 de setembro – 1 de decembro de 1822)
Bandeira do Imperio do Brasil, primeira versión (1 de decembro de 1822–c.1870)
Bandeira do Imperio do Brasil, segunda versión (c.1870 – 15 de novembro de 1889)
Bandeira provisional dos Estados Unidos do Brasil (15 - 19 de novembro de 1889)
Primeira bandeira dos Estados Unidos do Brasil (19 de novembro de 1889 – 14 de abril de 1960).
Segunda bandeira dos Estados Unidos do Brasil (April 14, 1960 – May 28, 1968).
Primeira bandeira da República Federativa do Brasil (28 de maio de 1968 – 11 de maio de 1992).
Bandeiras rexeitadas
Ao longo da historia foron propostas distintas bandeiras para o Brasil, as cales nunca foron adoptadas.[2] Os proxectos proxectos están inspirados polas cores verde e amarela da bandeira imperial, ou pola contra coa combinación do branco, o vermello e o negro, cores que representan os principais grupos da poboación brasileira, o vermello aos nativos, o branco aos colonos europeos e o negro aos africanos.
Proxecto de Júlio Ribeiro, 1888. Adopatado posteriormente polo Estado de San Paulo.