A bandeira de Eslovenia (en esloveno: Zastava Slovenije) foi declarada oficial pola Asemblea de Eslovenia o 24 de xuño de 1991 e foi empregada por vez primeira en Ljubljana o 26 de xuño de 1991, un día despois da declaración de independencia de Eslovenia.
Descrición
Está formada por tres bandas horizontais iguais, de cor branco (superior), azul e vermello. Na parte superior esquerda, centrado entre as bandas azul e branca, atópase o escudo de Eslovenia. Esta bandeira, agás o escudo, é semellante ás bandeiras de Rusia e Eslovaquia.
O escudo consiste nun debuxo do monte Triglav, o cumio máis alto de Eslovenia, en cor branca e fondo azul; por baixo atópanse dúas liñas onduladas azuis que representan ao mar Adriático e aos ríos de Eslovenia. Tamén é posible apreciar tres estrelas douradas de seis puntas, dispostas nun triángulo inverso, que foron tomadas do escudo dos condes de Celje (en esloveno Grofje Celjski), a gran casa dinástica de fins do século XIV e inicio do século XV.
Outras bandeiras
-
Pavillón civil.
-
Bandeira naval
-
Estandarte presidencial
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
|
- Bandeiras de estados non recoñecidos ou con recoñecemento parcial
|
|