A Bandeira Príncipe de Asturias é unha regata de traiñeiras que se celebra anualmente na localidade asturiana de Castropol e está organizada polo Club de Mar Castropol. A primeira edición da regata tivo lugar en 1984 e o seu primeiro vencedor foi Pasai Donibane.
Traxectoria
A primeira edición da regata data de 1984, resultando vencedora a traiñeira de Pasai Donibane (Guipúscoa). As seguintes edicións serían gañadas principalmente por clubs galegos con 13 vitorias en total, seguidos dos vascos e cántabros con 4 cada un e con tan só dúas vitorias locais para Castropol en 1994 e 1999. O club que máis veces gañou esta regata foi o galego Sociedade Deportiva Samertolameu de Meira, Moaña (O Morrazo).
Palmarés
Campionatos por embarcación
Bandeiras por nación
Véxase tamén
Ligazóns externas