Baloncesto León

Baloncesto León
Información xeral
Fundación 20 de maio de 1981
Desaparición 5 de xullo de 2012
Cores           Vermello, branco
Presidente Miguel Fernández (último)
Adestrador Javier de Grado (último)
Localización
Cidade España León, España
Pavillón Palacio de los Deportes
Capacidade 5 188
Campionatos
Copa Príncipe 1 (2007)

O Club Baloncesto León foi un club de baloncesto profesional español con sede na cidade de León, Castela e León. Fundado o 20 de maio de 1981, chegou a competir once temporadas na Liga ACB, máxima categoría do baloncesto español. Despois da temporada 2011–12, na que o equipo xogou na Liga LEB, o equipo anunciou a súa desaparición debido á débedas económicas.

Historia

O Baloncesto León foi fundado por José Antonio Moirón García, Enrique Emperador Marcos, Juan Carlos Rodríguez Villanueva, Lisardo Mourelo González e Alberto Sobrín Martínez en León o 20 de maio de 1981. Comezou a xogar na Terceira División, cuarta categoría do baloncesto español, baixo a dirección de Pepe Estrada. En 1981, o equipo ascendeu á seguinte categoría, a Segunda División. En 1983 o equipo ficha a Antonio Garrido Martínez, que exercería tanto de xogador, o primeiro ano, como de adestrador, os tres seguintes, durante os cales conseguiu o ascenso á Primeira B. En 1987 chegaría ao banco José Clavijo e, ao ano seguinte, Mariano Parra. Este último foi cesado a metade da temporada 1988−1989, chegando ao club ao daquela adestrador do Cajapalencia Gustavo Aranzana.

Baixo o mando de Aranzana o equipo logrou a permanencia na temporada 1988−1989 e o ascenso á Liga ACB na seguinte da man de Xavi Fernández. Durante a era de Aranzana no banco, o club conseguiu os seus maiores éxitos, acadando o sexto posto na máxima categoría en 1991−1992 e 1992−1993. Tamén participou o club en 1993 e 1994 na Copa Korać, chegando na primeira das veces aos cuartos de final. En 1994 mudan varias cousas o club. Por un lado, as cores do uniforme pasan do amarelo e verde ao vermello. Por outro lado, Xavi Fernández é traspasado ao FC Barcelona. En 1997 o club volve a finalizar en sexto lugar. Porén, é o ano no que Aranzana deixa o equipo. Como substituto chegaría Eduard Torres. Despois de dous anos tomaría o relevo José Luis Oliete, adestrador co cal o club baixa á Liga LEB no ano 2000.

Entre 2000 e 2005 pasaron tres adestradores polo banco leonés, liderando sucesivos proxectos para acadar o ascenso. Con todo, o club está a piques de desaparecer en decembro de 2003 por problemas coa seguridade social. Porén, foi salvado pola compra da metade do seu accionariado por un grupo de construtores leoneses (AGELCO). En verano de 2005 a directiva decide traer de volta a Gustavo Aranzana. Debido á súa gran fama en León, conseguiu aumentar considerabelmente o número de seareiros que asistían aos xogos. Na súa segunda temporada o club consegue o obxectivo de regresar á ACB após vencer ao CAI Zaragoza por 3 a 2 nas semifinais da Liga LEB. A temporada 2007−2008 supoñía a volta á elite despois de sete anos. Con todo, ao final de temporada o León descende de novo á LEB.

Tras varios ano en LEB, durante a temporada 2011−2012 os resultados do equipo non foron os esperados. De feito, durante na metade da temporada o club rolda os postos de descenso. Porén, tras unha notábel mellora na parte final da campaña, o equipo consegue a salvación. Esta salvación que chegou no plano deportivo, con todo, complicouse no institucional. Cunha débeda arrastrada do último ascenso a ACB de 1 millón de euros máis outro millón dun crédito, o futuro do club era complicado. Así, a pesar de celebrarse unha numerosa manifestación convocada por dúas webs deportivas locais, o Concello de León decidiu renderse e o 5 de xullo de 2012 anunciouse en rolda de prensa que o club entraría en concurso de acredores dando así fin a máis de 30 anos de historia.

Patrocinios

Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:

  • Elosúa León (1986−1993)
  • Elmar León (1993−1994)
  • Baloncesto León (1994−1996)
  • León Caja España (1996−2006)
  • Climalia León (2006−2007)
  • Grupo Begar León (2007−2008)
  • Baloncesto León (2008−2012)

Xogadores

Destacados

Adestradores

A seguinte é unha lista dos adestradores do Baloncesto León ao longo da súa historia.

Palmarés

Copa Príncipe

  • Campións (1): 2007

Copa Castela e León

  • Campións (1): 2004
  • Subcampións (4): 2006, 2007, 2008, 2009

Historial

Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1980–81 4 3ª Div.
1981–82 4 3ª Div.
1982–83 3 2ª Div. 15º
1983–84 3 2ª Div.
1984–85 3 2ª Div.
1985–86 3 2ª Div.
1986–87 2 1ª Div. B 19–15
1987–88 2 1ª Div. B 17º 23–22
1988–89 2 1ª Div. B 11º 17–16
1989–90 2 1ª Div. B 19–11
1990–91 1 ACB 20º 16–22 Cuartos de final
1991–92 1 ACB 27–12 Cuartos de final
1992–93 1 ACB 19–16 Terceira rolda 3 Copa Korać CF 7–5
1993–94 1 ACB 13º 14–18 Terceira rolda 3 Copa Korać FG 6–4
1994–95 1 ACB 19–19 Cuartos de final
1995–96 1 ACB 12º 18–20 Cuartos de final
1996–97 1 ACB 21–17 Semifinais
1997–98 1 ACB 11º 14–20 3 Copa Korać DF 13–1
1998–99 1 ACB 16º 13–21
1999–00 1 ACB 18º 10–24
2000–01 2 LEB 24–10 Copa Príncipe SF
2001–02 2 LEB 20–15
2002–03 2 LEB 20–19
2003–04 2 LEB 23–19
2004–05 2 LEB 28–13
2005–06 2 LEB 29–11 Copa Príncipe SF
2006–07 2 LEB 28–16 Copa Príncipe
2007–08 1 ACB 18º 8–26
2008–09 2 LEB Ouro 18–18
2009–10 2 LEB Ouro 19–18
2010–11 2 LEB Ouro 21–17
2011–12 2 LEB Ouro 14º 15–19

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!