Balada

Maria Wiik, "Balada" (1898)
Frédéric Chopin

Balada[1] refírese a unha obra musical de movementos lentos e con calidades narrativas líricas e dramáticas cuxa historia é presentada en forma de poesía. Nun principio, a balada é unha forma fixa de lirismo cortesía dos últimos anos da Idade Media, o termo experimento un auxe no século XIX, grazas ao movemento do romanticismo que usaba a peza vocal acompañada dun piano. Aínda se utiliza hoxe en día na súa forma orixinal, como na obra de Jean Chollet, non só na forma dunha epopea.

A balada musical ou lírica

No século XIX, Frédéric Chopin compuxo catro obras para piano con este título, evidentemente inspiradas no xénero literario. Con iso, deu luz a un novo xénero: a Balada (música).

Esta creación foi feita no período romántico, a principios do século XIX

A balada romántica

Artigo principal: Balada romántica (poesía).

Coa influencia do anglosaxón, o sentido da palabra alóngase a un recital ou unha canción que conta a vida dunha persoa ou algúns feitos precisos. O recital é sempre épico (achegándose á xesta), normalmente dramático e ás veces cómico. Se fala do amor entre dúas persoas, identificámola co romance.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para balada.

Véxase tamén

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!