Os bailes de salón son aqueles que se bailan en parella de forma coordinada e seguindo o ritmo da música.
Historia
Na súa orixe eran moi populares e a súa repercusión social foi de tal magnitude que deu lugar a creación de salas específicas, que compostas por unha orquestra e un pavimento axeitado facilitaron a súa práctica. Na actualidade practícanse tamén como modalidade deportiva en competicións organizadas e regulamentadas polas correspondentes federacións nacionais e internacionais.
Tanto na súa versión social como na de competición e deportiva os movementos e interaccións da parella axústanse a patróns previamente establecidos que, asociados coa música caracterizan os distintos bailes.
Isto motiva que a súa práctica requira dunha aprendizaxe previa que xa cando se transmitía de pais a fillos e na actualidade pode ser adquirido en academias de danza.
Estilos de bailes
De salón social
Entre os máis coñecidos e ordenados alfabeticamente figuran:
Hai dúas modalidades : Latinos e Estándar. Nos latinos o baile é máis solto e marchoso,
No estándar o baile libre faise máis pegado e cunha forma compacta e estirada.