Baby, ti vales moito (en inglés: Baby Boom) é un filme estadounidense de 1987 dirixido por Charles Shyer. Foi escrito por Nancy Meyers e Shyer, e producido por Meyers e Bruce A. Block para United Artists. Está protagonizado por Diane Keaton unha yuppie que descobre que o seu curmán morreu, deixándolle un bebé de seis meses ó seu cargo. O filme foi recibido favorablemente pola crítica e tivo un modesto éxito de recadación, conseguindo $26 millóns en todo o mundo.
Estreouse en galego o 7 de febreiro de 1992 a través da TVG.[3]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas