A Axencia Europea de Sustancias Químicas (acrónimo: AESQ e ECHA, do inglés European Chemicals Agency) é unha organización da Unión Europea.
A súa sede está situada en Helsinqui, Finlandia.
Actividade
Ten como principal obxectivo xestionar os aspectos técnicos, científicos e administrativos do REACH, o Sistema de Rexistro de Produtos Químicos da UE[1].
Segundo o sitio web oficial, a Axencia pretende ser "o centro de coñecemento sobre a xestión sostible de produtos químicos, ao servizo dunha ampla gama de políticas e iniciativas globais da UE, en beneficio dos cidadáns e do medio ambiente"[2].
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- "Como funciona a Unión Europea - Guía das institucións da Unión Europea" - Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas, 2008, páxina 44. ISBN 978927903664-5
Ligazóns externas