Tenarunga tamén chamado Tenania ou Narunga é un atol do Grupo Acteón no arquipélago de Tuamotu na Polinesia Francesa.
Xeografía
Tenarunga atópase a 15 km ao noroeste de Matureivavao e 6 km ao oeste de Vahanga. É un atol circular cunha área de 2,3 km² de superficie cunha lagoa que de 5 km². Depende administrativamente da comuna de Gambier.
O atol está deshabitado.
Historia
Tenarunga foi descuberto por Pedro Fernández de Quirós o 5 de febreiro de 1605.