O Atlético de Madrid tivo unha histórica sección de balonmán entre os anos 50 e 1994 que chegou a ser un dos mellores equipos do balonmán español entre os anos 60 e os anos 80, en pugna co Balonmano Granollers, FC Barcelona e CB Calpisa. Disputaba os seus encontros como local no Polideportivo Antonio Magariños.
Historia
Adestrado por Domingo Bárcenas, Juan de Dios Román e Jordi Alvaro chegou a conqusitar 7 Ligas españolas e 10 Copas españolas. Non conseguiu gañar ningún título internacional, a pesar de que chegou a disputar dúas finais europeas. Foi subcampión da Copa de Europa na tempada 1984-85, perdendo a final ante a Metaloplástica de Iugoslavia. Tamén foi subcampión da Copa IHF na tempada 1986-87, perdendo a final fronte ao Granitas Kaunas de Lituania.
Ao final da tempada 1991-92, o daquela presidente do club Jesús Gil decidiu suprimir a sección debido ao seu déficit económico. Un grupo de socios e persoas vencelladas á sección asumiron a súa xestión. A sección foi cedida e trasladada a Alcobendas con tódolos equipos de base.
Nesta localidade xogou durante dúas temporadas, militando na Liga ASOBAL como Atlético Madrid Alcobendas, mantendo as cores, símbolos etc. mais nun claro declive deportivo e económico. Precisamente, os problemas económicos en forma de débedas causaron a disolución da sección e a desaparición dun histórico do balonmán español.
Os dous últimos adestradores que se sentaron no banco foron Paco Parrilla na tempada 1992-93 e Luis Carlos Torrescusa na 1993-94, conseguindo manter a categoría a pesar de tódalas circunstancias adversas e dos problemas económicos.
No ano 2005, o presidente do club Enrique Cerezo anunciou o seu interese en recuperar a sección de balonmán de cara á tempada 2006-07, aínda que falla por ver se mercará os dereitos dalgún equipo da Liga ASOBAL, ou deberá iniciar a súa nova etapa competindo na División de Honra B, a segunda categoría do balonmano español.
Palmarés
- 11 Ligas españolas: 1951-52, 1953-54, 1961-62, 1962-63, 1963-64, 1964-65, 1978-79, 1980-81, 1982-83, 1983-84 e 1984-85.
- 10 Copas do Rei: 1962, 1963, 1966, 1967, 1968, 1978, 1979, 1981, 1982 e 1987.
- 2 Supercopa de España: 1986 e 1988.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas