Athlone (en inglés) ou Baile Átha Luain (lit. Pantano de Luain, en gaélico) é unha localidade irlandesa, capital do condado de Westmeath, cunha poboación duns 17.000 habitantes.
Situación
Atópase no centro da illa de Irlanda, no curso do río Shannon xusto despois de pasar o lago Ree, e entre este e o sitio arqueolóxico de Clonmacnoise.
Administrativamente é un enclave entre dous condados (Westmeath e Roscommon), aínda que pertence ao primeiro exceptuando o caso do barrio máis occidental, Monksland, que se atopa fóra de Westmeath e polo tanto fora da provincia de Leinster, polo que tamén é unha localidade entre dúas provincias (Leinster e Connacht).
Tradicionalmente a división vén dada polo río Shannon], pero desta forma a cidade quedaba dividida, quedando por exemplo fóra de Westmeath o castelo ou a catedral, así que decidiuse incluír todo no condado citado, inda que a cidade seguiu medrando.
Cruzando a ponte que está a poucos metros pásase á parte oriental que, inda que menos monumental, alberga a Igrexa de Santa María (onde foi bautizado John McCormack), o porto de recreo e o centro comercial, que atrae xente de moitos pobos de arredor.
Tamén se atopa o pub máis antigo de Irlanda e de Europa que se conserva, que data do século X. O seu nome vén por Luain, que foi quen fundou o citado bar e debido á súa posición preto dun lago. Aos poucos foise formando a poboación e de feito o bar está pegado á base do castelo.
Infraestrutura
A obra de infraestrutura máis sinalábel é o dique que dá calado a boa parte do norte do Río Shannon e, para poder pasalo, tamén se construíron unhas esclusas con capacidade para dous ou tres barcos de recreo á vez.