Ateneo de Cultura Política y Social

Ateneo de Cultura Política y Social
Tipoateneo
Data de fundaciónxullo de 1935
SedeSada
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

O Ateneo de Cultura Política y Social foi unha asociación fundada en Sada en xullo do 1935.

Historia e características

Naceu coma a proxección cultural e educativa da Alianza de Esquerdas da vila mariñeira. Nel estaban representados os partidos republicanos, o Partido Galeguista e as asociacións sindicais obreiras. O seu local estaba localizado na Praciña do Conde.

A directiva compúñana en xullo de 1935 Juan Antonio Suárez Picallo (presidente, polo PG), Luís Castro Álvarez (vicepresidente, por IR), Amador Cubeiro Suárez (secretario, por IR), Eugenio Taibo (vicesecretario, polo Sindicato Campesino de Mondego), José Regueira (tesoureiro, polo Sindicato de Profesiones Varias de Meirás), Julio Caamaño (vicetesoureiro, polo Sindicato de Oficios Varios de Sada), Antonio Blanco Ramos (bibliotecario) Justo Rodríguez Pérez (vogal, polo PG), Antonio Carballeira Muñiz (vogal, polo PCE), Elisardo Abruñedo Arévalo (vogal) e José García García (vogal).

En xaneiro de 1936 a directiva estaba formada por Rafael Fernández Casas (presidente, UGT), José Pubul Cartelle (vicepresidente, UR), Luis Pita da Veiga Mojón (secretario, IR), Luís Castro Álvarez (vicesecretario, IR), Julio Caamaño Amor (tesoureiro, SOV-S), Antonio Blanco Ramos (vicetesoureiro), Antonio Alonso Couceiro (bibliotecario, PCE), José Casal Cividanes, Manuel García García, Salvador González Mora e Eugenio González Rivero (vogais).

No seu afán divulgativo, trouxo a numerosos e significativos conferenciantes coma Ramón Otero Pedrayo, Ramón Suárez Picallo, Nicandro Golán, Alejo Candocci, Plácido R. Castro, Rafael Fernández Casas etc. Dispuña dunha biblioteca e eran frecuentes os parladoiros nocturnos de obreiros, coma lembraba R. Suárez Picallo.

Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o seu local foi espoliado, e os seus máis significados compoñentes asasinados ou represaliados.

Véxase tamén

Bibliografía

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!