A Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza é un club deportivo galego, situado na Pobra do Caramiñal, na rúa Ulla, 3-1ºD desta localidade.
As súas actividades deportivas realízanse no Estadio da Alta, en Cabío.
Historia
Adscrito á Federación Galega de Atletismo, foi fundado en 1985 por Xosé Moure Muñiz, pai do exatleta e actual adestrador Abelardo Moure García. Na actualidade, Xosé Moure continúa a ser o seu presidente, e o seu fillo é o principal adestrador.[1]
Unha das principais competicións organizadas polo club é o Trofeo Atletismo Barbanza "Día das Letras Galegas", no Estadio da Alta, organizado polo club, a Federación Galega de Atletismo e o concello da Pobra do Caramiñal, e a colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e no que se realizan concursos de 100, 200 e 400 metros lisos; lanzamentos de vortex e xavelina, triplo salto e salto de lonxitude, en diferentes categorías de idades, e con participantes femininos e masculinos.[2][3]
Unha das máis destacadas deportistas do club é Lidia Parada.
Notas