A máxima variación de velocidade que pode proporcionar un planeta depende da súa masa e da distancia periapsical á que pasa ó obxecto. O máximo impulso no caso de Venus implica unha variación duns 7 km/s, para a Terra, 8 km/s, Marte 3,5 km/s, Xúpiter 43 km/s ou Saturno 26 km/s.[2]
É unha técnica común nas misións espaciais destinadas ó Sistema Solar exterior, que permite usar menos combustible e aforrar custos, cun deseño máis sinxelo das naves. En troques, a traxectoria vólvese máis longa e complicada para que a sonda pase por un ou varios planetas antes de dirixila ó destino final. Para usar a asistencia gravitacional dos planetas necesítase aproveitar o paso da sonda por unha determinada posición do planeta asistente en relación ó destino final, polo que as misións espaciais teñen "fiestras de lanzamento" en determinados momentos, que hai que aproveitar para a engalaxe.