As meigas de Eastwick (en inglés: The Witches of Eastwick) é un filme estadounidense dirixido por George Miller que se estreou en 1987. Estreouse en galego na TVG o 9 de outubro de 2002.[1]
Sinopse
Na pequena e tranquila poboación de Eastwick, Nova Inglaterra, viven Jane (Susan Sarandon), Sukie (Michelle Pfeiffer) e Alexandra (Cher), tres modernas e aburridas mulleres. Fartas de agardar un home capaz de satisfacelas, unha noite de chuvia reúnense, e inocentemente, invocan ó seu home perfecto. Axiña as tres mulleres descobren os seus extraordinarios poderes cando chega á cidade o misterioso Daryl Van Horne (Jack Nicholson), un personaxe tan diabólico como sedutor.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
- 1987: 2 nomeamentos ó Oscar: Mellor banda sonora orixinal e son.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas