Arts & Crafts

Papel de parede de "Alcachofa", de John Henry Dearle para William Morris & Co., 1897 (Victoria and Albert Museum).

Arts & Crafts (literalmente artes e oficios, aínda que é máis común manter a expresión orixinal) foi un movemento estético xurdido en Inglaterra na segunda metade do século XIX. Defendeu a artesanía creativa como alternativa á mecanización e á produción en masa e predicou o final da distinción entre o artesán e o artista. Afrontou os avances da industria e pretendía imprimir en mobles e obxectos os trazos do artesán-artista, que máis tarde sería coñecido como deseñador. Estivo influído polas ideas do romántico John Ruskin e dirixido polo socialista e medievalista William Morris.

Durou relativamente pouco tempo, pero influíu no movemento art nouveau francés e é considerado por moitos historiadores como unha das raíces do movemento moderno no deseño gráfico, no deseño industrial e na arquitectura.

Segundo Tomás Maldonado, o Arts & Crafts foi unha importante influencia para a posterior aparición da Bauhaus, que, como os británicos do século XIX, tamén cría que a ensinanza e produción do deseño debían estruturarse en pequenas comunidades de artistas artesáns, en obradoiros baixo a dirección dun ou máis mestres. A Bauhaus desexaba así unha produción de obxectos feitos por uns poucos e adquiridos por uns poucos, na que a sinatura do artesán teña un valor simbólico fundamental. En liñas xerais, a Bauhaus herda a reacción xerada no movemento Morris contra a produtividade anónima dos obxectos da revolución industrial.[1]

O Arts and Crafts influíu tamén noutros movementos de todo o mundo, como o Mingei no Xapón (moi vinculados á súa vez a ceramistas como Bernard Lecher ou Marguerite Wildenhain-Friedländer da Bauhaus) [2], que pretendía valorar a arquitectura tracidional xaponesa e a cerámica artesanal, lonxe da cerámica industrial do XIX, e o estilo anglo-xaponés de olaría; o Deutscher Werkbund (precursor da Bauhaus no sentido de integración de arte e artesanía, aínda que non reivindicaba esta última senón que a supeditaba á industria)[3], o Wchutemás de Moscova, o Wiener Werkstätte [4], a arquitectura "American Craftsman architecture" dos Estados Unidos e o Canadá, tendo especial relevancia a integración formulada por Frank Lloyd Wright[5], a artesanía en Australia e Nova Zelandia, e mesmo a arte dos renovadores en Galiza, primeiro na obra de Camilo Díaz Baliño, e especialmente nas iniciativas de Isaac Díaz Pardo, Luís Seoane e Fernández-Albalat vinculadas ao Laboratorio de Formas.[6]

Galería

Notas

  1. Maldonado, Tomás (2006). Design industrial. ISBN 9789724413310. 
  2. "Bernard Leach and the Japanese Folk Crafts Movement (en inglés)". Jstor. 
  3. "La figura del fabricator en los procesos técnicos de arte contemporáneo (Tese doutoral en castelán)" (PDF). Universidad Complutense de Madrid. 
  4. "Los Talleres Vieneses. Historia del Diseño Industrial". Arq. José Luis Esperón. Consultado o Setembro 2015. 
  5. "FLW, The art and craft of the machine". Franklloydwright.org. 
  6. M. Vilanova, Fernando (Novembro 2010). ""A arte de Seoane no Laboratorio Industrial"". Raigame (33). 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Argan, Giulio Carlo; Arte moderna, (Versión en portugués brasileiro) São Paulo: Cia das Letras, 1992
  • Benevolo, Leonardo; História da arquitetura moderna (Versión en portugués brasileiro), São Paulo: Perspectiva, 2004

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!