Arthur Francis George Kerr

Modelo:BiografíaArthur Francis George Kerr
Biografía
Nacemento7 de febreiro de 1877 Editar o valor en Wikidata
Kinlough, Irlanda Editar o valor en Wikidata
Morte21 de xaneiro de 1942 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Hayes, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbotánico, explorador Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaKerr Editar o valor en Wikidata


Arthur Francis George Kerr, nado en Kinlough en 1877 e finado en 1942, foi un médico e botánico irlandés. É especialmente coñecido polas súas achegas ao estudo da flora de Tailandia.

Traxectoria

A. F. G. Kerr naceu en Kinlough (Irlanda), mais estudou en Dorchester (Inglaterra).[1] Posteriormente, regresou a Irlanda para graduarse en Medicina e Botánica polo Trinity College de Dublín.[1] Foi enviado a Siam (actual Tailandia) en 1902, exercendo a medicina en varios lugares do país.[1]

Durante a súa estancia, realizou numerosas descricións da flora local de Tailandia e outras rexións do sueste asiático.[1] A súa colección de espécimes, de máis de 20,000 exemplares, foi fundamental para o estudo da flora tailandesa.[1] Tras a súa morte, foi doada ao Museo Británico.[1] Kerr tamén impulsou a outros botánicos, como Emily Collins, a recoller espécimes de plantas.

En 1903, casou con Daisy Muriel Judd, coa que tivo tres fillas.[1]

Obra

Botánica

Kerr aportou algúns nomes botánicos, como o genus Dimetra (Oleaceae). Porén, a súa gran contribución á botánica foi a súa colección de flora tailandesa, xunto coas súas descricións, estudos e diarios de viaxe.[2] As pormenorizadas anotacións permiten situar os espécimes xeograficamente con gran precisión.[2]

Outros campos

No ámbito da lingüística e a etnografía, Kerr foi o primeiro occidental en documentar o pobo gong e a súa lingua, nun artigo de 1927.[3] Tamén realizou fotografías e descricións da Tailandia de comezos do século XX, que constitúen unha importante fonte documental.[2]

Influencia

Existen varias especies nomeadas na súa honra, como o Dipterocarpus kerrii, o Hoya kerrii, o Loranthus kerrii, o Nepenthes kerrii, o Platanus kerrii ou o Rafflesia kerrii.[1] Tamén hai algúns genus de plantas que levan o seu nome, como o Kerriochloa, o Kerriodoxa,[4] o Kerriothyrsus[5] e o Afgekia,[6] que procede dunha abreviatura dos seus nomes.[7]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Kerr, Arthur Francis George (1877-1942) on JSTOR". plants.jstor.org. doi:10.5555/al.ap.person.bm000004313. Consultado o 2024-06-04. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "HerbWeb - Kerr's Collection". apps.kew.org. Consultado o 2024-06-04. 
  3. Kerr 1927.
  4. "Kerriochloa - Tropicos". tropicos.org. Consultado o 2024-06-04. 
  5. "Kerriothyrsus C.Hansen - Plants of the World Online - Kew Science". Plants of the World Online (en inglés). Consultado o 2024-06-04. 
  6. "Afgekia Craib - Plants of the World Online - Kew Science". Plants of the World Online (en inglés). Consultado o 2024-06-04. 
  7. "Verzeichnis eponymischer Pflanzennamen – Erweiterte Edition - Botanischer Garten Berlin". www.bgbm.org (en alemán). Consultado o 2024-06-04. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Kerr, A. F. G. (1927). "Two Lawā vocabularies: the Lawā of the Baw Lūang plateau; Lawā of Kanburi Province". Journal of the Siam Society (en inglés) 21: 53–63. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!