Arroz con chícharos foi un programa da Televisión de Galicia que se emitiu na tempada 1990-1991 dedicado á realización de receitas de cociña e ofrecer información sobre a gastronomía e o mundo do cosumo, dirixíao Xosé Cermeño e presentábao Susana Dans.
Contido
En cada programa había un cociñeiro convidado que tras unha primeira presentación realizaba dúas receitas, a colaboradora Carmen Parada falaba dalgún dos produtos que precisaba esas receitas e o doutor Juan Jesús Gestal comentaba as cualidades nutriciais ou medicinais de diversos alimentos.
|
---|
Década de 1980 | |
---|
Década de 1990 | |
---|
Década de 2000 | |
---|
Década de 2010 | |
---|
Produción allea | |
---|
|