Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes.
Coñécese como arranxo de subgraves a unha colocación determinada de caixas acústicas de subgraves, que dependerá da acústica que se queira conseguir e das necesidades que se pretendan cubrir.
Características
Os subgraves cobren a parte máis baixa do espectro sonoro e, polo tanto, a súa onda sonora será de maior distancia. O que se pretende cos arranxos de subgraves é cubrir as frecuencias máis baixas do sistema de P.A nun directo sen chegar a formar bolas de graves ou unha presión sonora demasiado elevada. Á súa vez pretenderase cubrir na súa totalidade a parte da audiencia coa menor diferenza de nivel de presión sonora entre zonas. Para iso deberase ter en conta a acústica da sala, así como as especificacións técnicas dos diferentes tipos de caixas de graves. É fundamental medir a resposta en frecuencia e a fase do arranxo cun medidor RTA.
A colocación das caixas acústicas depende en gran parte das características do espazo ou recinto, do peso, das posibilidades etc. Pero as máis utilizadas adoitan ser stackeadas, é dicir unha encima doutra; voadas ou colgándoas dalgunha estrutura e en liña, é dicir, unha á beira doutra e así sucesivamente. Dependendo da colocación das caixas poderase distinguir entre diferentes arranxos:
Caixa única
Este arranxo é o máis básico, consistindo simplemente nunha única caixa no centro que, dependendo das súas características, normalmente omnidirecionais, irradiará cun diagrama polar omnidireccional arredor de todo o seu eixo.
Configuración L/R
Consiste nun subgrave cubrindo a zona esquerda e outro a dereita. O inconveniente deste arranxo aparece cando a zona que se pretende cubrir é demasiado extensa e as caixas non dan cuberto toda a zona da audiencia, polo que se apreciará unha ausencia de sinal.
Arranxo cardioide
Con esta disposición de caixas pretendemos facer que a suma entre os seus patróns polares irradie o máis directivamente posible cara á zona da audiencia. Dado que a maioría de subgraves son omnidirecionais, é aconsellable utilizar algún tipo de arranxo para manexar adecuadamente o nivel de SPL segundo a necesidade que se teña. Existen diferentes disposicións de caixas que permiten resolver un arranxo deste tipo.
Arranxo en liña
Consiste en aliñar horizontalmente un número de subgraves para alcanzar unha suma total entre eles. A distancia á que estes están separados dependerá da frecuencia á que se sumen sinais. Esta disposición de subgraves pode causar varios inconvenientes, por exemplo unha cobertura estreita.
Arco de subgraves
Este arranxo pode facerse de varias formas. A electrónica, onde se aplicará unha serie de delays a un arranxo en liña para simular un arco, ou o arco de subgraves físico, onde moveremos as caixas engadindo así un delay físico. Esta configuración de subgraves é cada día máis utilizada, posto que permite unha maior igualdade da cobertura, así como a menor diferenza entre campo afastado e campo próximo.