A arquieparquía de Sivas (en latín : Archieparchia Sebastensis Armenorum ) foi unha sé da Igrexa Católica Armenia , hoxe transformada en sé titular.
Historia
A arquieparquía, con base na cidade de Sivas , foi erixida en 1858 .[ 1] O 30 de maio de 1892 (ou 1893 ) foi elevada á categoría de sede arcebispal polo papa León XIII , e á mesma foille unida a eparquía de Tokat .[ 1]
A comezos do século XX os fieis católicos armenios da arquieparquía eran arredor de 3.000.
Por mor do xenocidio , a arquieparquía, como as demais dioceses armenias en Turquía , perdeu a maior parte da súa poboación, e a sé foi na práctica suprimida.
Sivas sobrevive hoxe como sé titular .
Episcopoloxio
Narsete Aleblian † (23 de maio de 1858 -?)
Charles Ghadifian † (14 de agosto de 1877 -?)
Isaac Hagian † (8 de abril 1892 -? Verquida)
Leo Kecegian † (20 de maio 1908 -?)
Bispos titulares
Nerses Der Nersessian, C.A.M. † (9 de xullo 1992 - 24 de decembro 2006 falecido)
Notas
↑ 1,0 1,1 Hovannisian, Richard G, ed. (2004). Armenian Sebastia/Sivas and Lesser Armenia . Mazda Publishers. p. 68. ISBN 9781568591520 .
Véxase tamén
Ligazóns externas