Aroa Gimeno, nada en Barakaldo o 30 de abril de 1985, é unha actriz española.
Traxectoria
Estudou arte dramática, traballou ocasionalmente como modelo nalgunhas campañas publicitarias, debutando na televisión no programa ¿Hay trato? (2004) como bailarina e copresentadora con Carlos Sobera[1] e ao ano seguinte principiou como actriz nun pequeno papel na serie Lobos de Telecinco. O seu primeiro papel protagonista foi na serie de LaSexta SMS (sin miedo a soñar) (2006-2007). Traballou tamén en Amar en tiempos revueltos (2008), 700 euros, diario secreto de una call girl (2008) e Sin tetas no hay paraíso (2009).
Notas