Ariel Herrero García, nado en León o 3 de xuño de 1999, é un futbolista español que xoga como dianteiro centro no Covadonga, da Segunda División RFEF.
Traxectoria
Comezou a xogar ao fútbol no Loyola e no Peña, antes de pasar ao Puente Castro, equipos todos do seu León natal.[1] Durante a súa etapa como xuvenil, empezou a carreira de Pedagoxía na Universidade de Oviedo, instalándose así no Principado de Asturias, onde fichou polo Llanes, da Terceira División.[1] Militou durante algo máis de tres anos no club asturiano, acabando na sexta posición da liga as primeiras tres tempadas e gañando a fase asturiana da Copa Federación. En novembro de 2021, poucos meses despois de iniciar a súa cuarta campaña no club verde e branco e sendo naquel momento o máximo goleador do grupo II de Terceira, fichou polo Mirandés B, da mesma categoría.[2][3]
a primeira Copa Federación Autonómica da historia do club, ademais de clasificar ao equipo para a súa primeira Fase de Ascenso No verán de 2022 fichou polo Sporting de Gijón B,[4] no que xogou durante unha campaña, disputando a súa terceira fase de ascenso consecutiva. En xuño de 2023 anunciouse a súa chegada ao Covadonga, da Segunda División RFEF.[5]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas