Como santo cristián, a súa festa celébrase o 18 de marzo (vetus ordo) ou o 29 de setembro (novus ordo). Venérase tanto por cristiáns, coma xudeus e musulmáns. Os seus atributos son as vestimentas azuis ou brancas, un lirio, unha lámpada, unha póla do Paraíso, un rolo de pergamiño, e un cetro, en actitude de saúdo ou beizón. É padrón da diplomacia e a comunicación (traballadores das telecomunicacións, radio, mensaxeiros, correo, cregos, diplomáticos, coleccionistas de selos...) Tamén é padrón de Portugal.
Con base en dúas pasaxes do Evanxeo segundo Lucas, diversos cristiáns e musulmáns Gabriel tería anunciado os nacementos de Xoán o Bautista e Xesús Cristo. O islam, alén diso, cre que Gabriel tería sido o medio polo cal Deus optou por revelar o Corán a Mahoma, e que a través del tería enviado unha mensaxe aos profetas revelándolles as súas obrigas. Coñécese coma o xefe dos catro anxos favorecidos, e o espírito da verdade, e en certas crenzas sería unha personificación do Espírito Santo.[2][3] Gabriel menciónase tamén na fe Bahá'í, especificamente na obra mística de Bahá'u'lláh, Sete Vales.
Cítase varias veces na Biblia; como en Daniel 8:16 e 9:21.[4]
Ao anxo Gabriel confióuselle a misión máis importante confiada a alguén: anunciar o nacemento do fillo de Deus. O xeito de presentación cando se apareceu a Zacarías para lle anunciar que ía ter por fillo a Xoán o Bautista foi este: "O anxo respondeu: Eu son Gabriel, o que estou preto de Deus e mandoume para falar contigo e darche esta boa nova.[5]
Lucas o Evanxelista dixo: "Os seis meses, Deus mandou o anxo Gabriel a unha vila chamada Nazaret, onda unha mociña prometida a un home da casa de David, que se chamaba Xosé; o nome da mociña era María. Entrando onde estaba ela, díxolle: ‑Alégrate, chea de graza, o Señor está contigo. Ela turbouse con estas palabras, cavilando no que podería significar o saúdo aquel. O anxo continuou: ‑Non teñas medo, María, porque ti atopaches graza ante Deus; e, fíxate, vas concibir no teu ventre e darás á luz un fillo, ó que lle poñerás de nome Xesús. Será grande e chamarase Fillo do Altísimo, e o Señor Deus daralle o trono de David, seu pai; reinará por sempre na casa de Xacob, e o seu reinado non terá fin.[6]
Segundo a tradición, os arcanxos son os mensaxeiros (en grego "archangélos") de Deus das Boas Novas, axúdannos a dar bo rumbo e dirección á nosa vida, dannos comprensión e sabedoría. É a el que recorren os que precisan deses dons.
Segundo a relixiónislámica, ao anxo Gabriel foille atribuída a revelación do Corán ao profeta Mahoma, que tería ocorrido cando este estaba a pregar e meditar nunha montaña da Meca. Con base nas revelacións dese episodio, Mahoma tería comezado a súa saga de divulgacións das obras de Deus, no que viría a ser o islamismo.
Notas
↑Butler, Trent C. Editor, Holman Bible Dictionary, Broadman & Holman, 1991, verbete Gabriel